Colle o teu folleto na biblioteca ou consúltao aquí clicando na imaxe!
15/12/13
13/12/13
Exposición bibliográfica sobre María Casares
A páxina web do instituto (niso andaron máis agudos os seus autores que as responsables deste blog) anunciaba a semana pasada a inauguración dunha exposición bibliográfica que sobre a figura de María Casares temos desplegada na biblioteca. Tíñanme encargado que dera conta desa exposición neste noso humilde blog, pero un catarro inoportuno, exames por corrixir e algunha que outra incidencia informática que non vén ao caso contar aquí apartáronme da tarefa encomendada. Así que un pouco tarde, espero que non mal nin a rastro, teño o gusto de vos deixar aquí unha mostra da mencionada exposición de María Casares, cuxa biografía ocupa o número 10000 dos rexistros do noso catálogo. Espero que esta pequena mostra sirva como compensación a tanta parsimonia e tardanza.
Eu nacín neste curruncho de terra que dá a espalda ao continente, pero que recibe aos peregrinos de Santiago de Compostela; na Coruña, vila peninsular anicada nunha baía, punta do nariz que a península ibérica introduce no Atlántico.
Lembro o regreso da praia de Bastiagueiro, en Montrove. Subiamos por unha costa abrupta uns atrás doutros, derreados, baldados, nesa relaxación total que proporcionan os baños de sol e de mar batido.
Entón, a sorte estaba botada e cando menos tres cousas ficaban claras. Perderamos España. Transformárame, coma os meus pais, nunha refuxiada en Francia. E estaba decidido que me había dedicar ao teatro.
Púxenme mans á obra. Lanceime a rachar con esta fermosa lingua que aínda se me escapaba; axexeina, forceina, pasei meses a saqueala, a devastala, para mastigala mellor e facela miña.
9/12/13
"Almogávar sin querer", de Fernando Lalana, chega de Bizancio ao Recuncho de Libros Libres
Chegounos hai uns días á nosa biblioteca unha xenerosa donación anónima de libros que, en parte, incorporaremos aos nosos fondos e, en parte, iremos depositando no Recuncho de Libros Libres. Empecemos por "Almogávar sen querer", de Fernando Lalana e Luis A. Puente.
Cópiovos da cuberta posterior do libro un breve resume do seu contido:
| Procedencia da imaxe |
A principios del siglo XV enamorarse de la persona no indicada puede traer terribles consecuencias. El joven Garcés tendrá ocasión de comprobarlo cuando, por causa de un amor prohibido, se verá obligado a cruzar el Mediterráneo para protagonizar una de las páginas más asombrosas y novelescas de la historia de la humanidad: la gesta de los almogávares en Bizancio.
2/12/13
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




