23/5/14

Parabéns, Quino!



Procedencia da imaxe


O blog das bibliotecas municipais de Oleiros publicaba onte a boa nova de que o humorista gráfico Quino (Arxentina, 1932), o xenial creador de Mafalda, acababa de recibir o premio Príncipe de Asturias de Comunicación 2014. Coa axilidade e eficacia que o caracteriza, o persoal das bibliotecas oleirenses montou una exposición  das obras de Quino na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz, que vos invitan a visitar. E se o preferides, recórdanvos que tamén podedes recoller títulos do debuxante arxentino en calquera das oito bibliotecas municipais.

A imaxes está sacada de Bibloleiros.

19/5/14

Novidades de Maio

Xa hai tempo que non lle dedicamos un post ás novidades. Por unha razón fundamental: non as hai. Andamos cos fondos moi xustos, aforrando aquí e alá, e, aparte dos libros para o club de lectura, neste curso pouco máis mercamos. Pero este mes fixemos un esforzo presupostario e compramos algúns títulos: cómic, ensaio, poesía, novela... Veño agora mesmo de Pinterest de colocar portadas e reseñas de todas estas adquisicións. E alí vos mando para que vexades unha exposición online dos novos libros que nos dispoñemos a colocar nos estantes:
Pinterest da biblioteca
As novidades de Maio




16/5/14

Na véspera da gran festa das letras galegas

Ven celebrar connosco a véspera do Día das Letras Galegas: visita a exposición que montamos nos paneis de entrada, consulta os macro-xornais que sobre Díaz Castro elaboraron os alumnos e alumnas de 1º de bacharelato e bótalle unha ollada, ou, mellor, le detidamente e degustándoos amodiño, como ten que ser, algúns dos poemas de Díaz Castro que atoparás en calquera dos sitios anteriores. E se queres máis, consulta a xenerosa listaxe de actividades que para esta moi sinalada data propoñen as Bibliotecas Municipais de Oleiros: preme na imaxe seguinte e escolle.

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122717&name=DLFE-18502.pdf

12/5/14

"Adiviña quen son", "El americano impasible" e "Fever Pitch", no Recuncho de libros libres

"Adiviña quen son", de Beatrice Masini e Roberto Piumini; "El americano impasible", de Graham Green e "Fever Pitch", de Nick Hornby, incorpóranse hoxe ao noso Recuncho de Libros Libres. Se es alumno ou alumna do IES María Casares (ou nos ves facer unha visita) e  che interesa algún destes títulos, ou os tres, no Recuncho de Libros Libres podes atopalos (e collelos, sen máis).


Procedencia da imaxe






Procedencia da imaxe 



Procedencia da imaxe

5/5/14

Eh, tú, culo gordo

Contribúe a que frases como a que serve de título a este post (e que tomo prestada dun vídeo que logo veredes) non a volva a ouvir ninguén: participa no concurso de vídeos No hate  que convoca o Consello Europeo para loitar contra o acoso cibernético. Da web da campaña (nohate.es) copio a seguinte información:




Quien puede participar:

Jóvenes entre 15 y 29 años de edad, en el momento de la inscripción en el concurso.

Fecha de inicio

Puedes subir tus videos desde el 21 de marzo hasta el 31 de mayo de 2014.

Cómo participar 

Tienes que grabar un vídeo que transmita a los que lo vean que hay que estar atentos a la defensa de los derechos humanos y a cualquier forma de intolerancia en Internet. En la web de la Campaña contra la Intolerancia en Internet No Hate (www.nohate.es) encontrarás temas de interés.
Después lo subes a través de esta misma campaña y solo te queda esperar y ver los vídeos del resto de participantes y votar al que más te guste. Porque quienes participáis en el concurso y los visitantes de la web de la Campaña No Hate sois los que decidiréis los vídeos ganadores del concurso.
Cada participante podrá presentar un máximo de 5 videos.

Temática

Ya lo hemos indicado: queremos videos que animen al debate y a la movilización en defensa de los derechos humanos y lucha contra cualquier forma de intolerancia o discriminación. Que promuevan valores de tolerancia, convivencia, igualdad de trato, no discriminación y reconocimiento positivo de la diversidad.

Características de los videos

Los vídeos presentados podrán tener un máximo de un (1) minuto de duración, con un peso máximo de 100 MB.

+INFO WEB NOHATE: http://bit.ly/NMkM3W
+INFO WEB INJUVE: http://bit.ly/19yuNX2

Premio

Los 10 videos más votados a lo largo del concurso, tendrán como premio una tablet multitáctil. Ver modelo en las bases!!

Fechas

INICIO: 21 de Mar de 2014 a las 00:00h
FIN: 31 de May de 2014 a las 23:59h

Espero que apareza por aquí o vídeo que leva por título "Eh, tú, culo gordo", que vos pode servir de exemplo. Máis vídeos na páxina do concurso: http://www.nohate.es/cms/concurso/








28/4/14

In memoriam: Gabriel García Márquez

O 17 deste mes de abril morría Gabriel García Márquez, o xenial autor de Cien años de soledad, entre outras obras. Pois ben, recompilamos aquí e alá anacos da abundantísima información que nos proporcionaron os xornais sobre o escritor colombiano, a súa vida e obra;  sacamos dos estantes un exemplar de todas as obras súas das que dispoñiamos; copiamos varias pasaxes destas, e, con todo isto, montamos dúas humildes exposicións: una na entrada da biblioteca e outra no panel do vestíbulo. Animádevos e parádevos uns minutos a contemplalas. E se tendes máis que uns minutos, que vos parece empezar a ler Cien años de soledad, a obra maestra de Gabo? Dela dixo Mario Vargas Llosa, outro Nobel, que non se levaba moi ben que digamos con García Márquez, o seguinte: "[Cien años de soledad es] uno de los casos raros de la obra literaria mayor contemporánea que todos pueden entender y gozar”.





As fotos corresponden á exposición do vestíbulo.

















25/4/14

Se che gustan o mar e as letras, este pode ser o teu concurso





O Centro Oceanográfico de Vigo invítavos a participar no concurso de relatos que ten convocado para conmemorar os cen anos de creación do Instituto Español de Oceanografía. Así que xa sabedes: tendes ata o 17 de maio para argallar un microrrelato (de 500 palabras como máximo) ou un relato curto ( de entre 800 e 1500 palabras) en galego ou castelán relacionado coa investigación mariña e envialo á dirección que figura nas bases.

11/4/14

O club de lectura celebrou a súa reunión mensual


O intercambio de opinións sobre "El coleccionista de sellos" e "La ladrona de libros" acaparou a última reunión do club de lectura (nivel 2) que celebramos o pasado venres día 4 de abril. As dúas obras están causando moi boa impresión entre estas selectas devoradoras de libros. Por certo, por fin conseguín que polo menos un membro do nivel 1 se atreva coa novela histórica e lle dea unha oportunidade, eu penso que ben merecida, a "La plata de Britania", da escritora inglesa Lindsey Davis.




O recuncho dos libros liberados está que ferve

Procedencia da imaxe
Procedencia da imaxe
Procedencia da imaxe
Procedencia da imaxe





Si, improbables lectores e lectoras deste blog: o recuncho de libros libres está, e seguirá estando, que ferve nestes últimos meses do presente curso. E ferve en varios idiomas. Arriba tendes as portadas das últimas "liberacións" por orde inversa de aparición. Trátase de catro obras que acadaron fama e difusión arreo, auténticos best-sellers. Correde pillalos porque voan.



4/4/14

Tendes seis días para participar no Certame de Poesía "Francisco Añón", que convoca o concello de Outes

Atención: o día 10 deste mes de abril cérrase o prazo para participar no XVIII Certame de Poesía Francisco Añón que convoca o concello de Outes (A Coruña). Podedes atopar as bases no taboeiro das escaleiras (do noso amado instituto, claro), no da biblioteca (tamén do noso amado instituto) ou neste mesmo post. No caso de que chegarades ata aquí lendo, saberedes que a segunda das imaxes que inclúo a continuación é unha copia da primeira páxina das bases. Claro que vos faría falta unha vista de lince para entender o que alí se di: no problem, se premedes na imaxe accederedes a unha versión guai das mencionadas bases. E lembrade que quen queira concursar atopará no equipo da biblioteca a axuda e  colaboración que precise.


http://www.outes.es/arquivos/BASES_CERTAME_POESIA.pdf

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...