23/6/14
O Club de Lectura despídese con festa
9/6/14
Para leer a Gabriel García Márquez: "Del amor y otros demonios"
Outra obra de García Márquez para ir collendo ideas de cara ao verán. Esta vez trátase dunha noveliña que o autor colombiano publicou hai vinte anos, en 1994. Dun dos exemplares que temos á vosa disposición na biblioteca copio o seguinte texto:
El 26 de octubre de 1949 el reportero Gabriel García Márquez fue enviado al antiguo convento de Santa Clara, que iba a ser demolido para edificar sobre él un hotel de cinco estrellas, a presenciar el vaciado de las criptas funerarias y a cubrir la noticia. Se exhumaron los restos de un virrey del Perú y su amante secreta, u n obispo, varias abadesas, un bachiller de artes y una marquesa. Pero la sorpresa saltó al destapar la tercera hornacina del altar mayor: se desparramó una cabellera de color cobre, de veintidós metros y once centímetros de largo, perteneciente a una niña. En la lápida apenas se leía el nombre: Sierva María de Todos los Ángeles. «Mi abuela me contaba de niño la leyenda de una marquesita de doce años cuya cabellera le arrastraba como una cola de novia, que había muerto del mal de rabia por el mordisco de un perro, y era venerada en los pueblos del Caribe por sus muchos milagros. La idea de que esa tumba pudiera ser la suya fue mi noticia de aquel día, y el origen de este libro.» «Un perro cenizo con un lucero en la frente irrumpió en los vericuetos del mercado el primer domingo de diciembre, revolcó mesas de fritangas, desbarató tenderetes de indios y toldos de lotería, y de paso mordió a cuatro personas que se le atravesaron en el camino. Tres eran esclavos negros. La otra fue Sierva María de Todos los Ángeles, hija única del marqués de Casalduero, que había ido con una sirvienta mulata a comprar una ristra de cascabeles para la fiesta de sus doce años.»
Nuria Mexuto Bautista gaña o primeiro premio no concurso de relatos do Centro Oceanográfico de Vigo
![]() |
| Procedencia da imaxe |
O pasado 5 de xuño recibiamos a boa nova de que unha alumna de 2º de ESO do noso instituto, Nuria Mexuto Bautista, acababa de recibir nada menos que o primeiro premio do concurso de relatos que convocara o Instituto Oceanográfico de Vigo para conmemorar o centenario do Instituto Español de Oceanografía. Nuria conseguiu tan honrosa posición na categoría xuvenil, modalidade relato, cun conto titulado "O espello da vida". A listaxe dos demais premiados podedes vela premendo neste link. A nós só nos queda darlle os nosos parabéns a Nuria, cousa que facemos de todo corazón.
6/6/14
"Divergente" e "Insurgente" chegan á biblioteca
Respondendo a unha petición unánime do club de lectura, incorporamos aos nosos fondos os dous primeiros títulos da famosa saga de Verónica Roth Divergente e Insurgente. En camiño están outros dous exemplares destes títulos e un de Leal, o que nos queda para completar o trío de ases da escritora norteamericana.
En Página Dos, o programa de libros de TV2 podedes contemplar un vídeo con entevistas aos actores e director da versión cinematográfica de Divergente así como o tráiler en castelán da cinta. Eu intentei incrustar o tal vídeo neste blog pero nin por esas. Menos mal que sempre nos queda youtube como fonte case inesgotable de tráilers diversos.
En Página Dos, o programa de libros de TV2 podedes contemplar un vídeo con entevistas aos actores e director da versión cinematográfica de Divergente así como o tráiler en castelán da cinta. Eu intentei incrustar o tal vídeo neste blog pero nin por esas. Menos mal que sempre nos queda youtube como fonte case inesgotable de tráilers diversos.
26/5/14
Para ler a Gabriel García Márquez: "El amor en los tiempos del cólera"
| Procedencia da imaxe |
Pola presente quedades solemnemente invitadas a ler "El amor en los tiempos del cólera", de Gabriel García Márquez. Desta pequena obra mestra rodouse hai xa uns anos unha versión cinematográfica, que eu non vin e da que sei que non está á altura da novela de García Márquez, pero cuxo tráiler me vén que nin pintado para que vos fagades unha idea do contido argumental de esta singular novela de amor.
23/5/14
Parabéns, Quino!
| Procedencia da imaxe |
O blog das bibliotecas municipais de Oleiros publicaba onte a boa nova de que o humorista gráfico Quino (Arxentina, 1932), o xenial creador de Mafalda, acababa de recibir o premio Príncipe de Asturias de Comunicación 2014. Coa axilidade e eficacia que o caracteriza, o persoal das bibliotecas oleirenses montou una exposición das obras de Quino na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz, que vos invitan a visitar. E se o preferides, recórdanvos que tamén podedes recoller títulos do debuxante arxentino en calquera das oito bibliotecas municipais.
![]() |
| A imaxes está sacada de Bibloleiros. |
19/5/14
Novidades de Maio
Xa hai tempo que non lle dedicamos un post ás novidades. Por unha razón fundamental: non as hai. Andamos cos fondos moi xustos, aforrando aquí e alá, e, aparte dos libros para o club de lectura, neste curso pouco máis mercamos. Pero este mes fixemos un esforzo presupostario e compramos algúns títulos: cómic, ensaio, poesía, novela... Veño agora mesmo de Pinterest de colocar portadas e reseñas de todas estas adquisicións. E alí vos mando para que vexades unha exposición online dos novos libros que nos dispoñemos a colocar nos estantes:
Pinterest da biblioteca
As novidades de Maio
Pinterest da biblioteca
As novidades de Maio
16/5/14
Na véspera da gran festa das letras galegas
Ven celebrar connosco a véspera do Día das Letras Galegas: visita a exposición que montamos nos paneis de entrada, consulta os macro-xornais que sobre Díaz Castro elaboraron os alumnos e alumnas de 1º de bacharelato e bótalle unha ollada, ou, mellor, le detidamente e degustándoos amodiño, como ten que ser, algúns dos poemas de Díaz Castro que atoparás en calquera dos sitios anteriores. E se queres máis, consulta a xenerosa listaxe de actividades que para esta moi sinalada data propoñen as Bibliotecas Municipais de Oleiros: preme na imaxe seguinte e escolle.
12/5/14
"Adiviña quen son", "El americano impasible" e "Fever Pitch", no Recuncho de libros libres
"Adiviña quen son", de Beatrice Masini e Roberto Piumini; "El americano impasible", de Graham Green e "Fever Pitch", de Nick Hornby, incorpóranse hoxe ao noso Recuncho de Libros Libres. Se es alumno ou alumna do IES María Casares (ou nos ves facer unha visita) e che interesa algún destes títulos, ou os tres, no Recuncho de Libros Libres podes atopalos (e collelos, sen máis).
| Procedencia da imaxe |
| Procedencia da imaxe |
| Procedencia da imaxe |
5/5/14
Eh, tú, culo gordo
Contribúe a que frases como a que serve de título a este post (e que tomo prestada dun vídeo que logo veredes) non a volva a ouvir ninguén: participa no concurso de vídeos No hate que convoca o Consello Europeo para loitar contra o acoso cibernético. Da web da campaña (nohate.es) copio a seguinte información:
Espero que apareza por aquí o vídeo que leva por título "Eh, tú, culo gordo", que vos pode servir de exemplo. Máis vídeos na páxina do concurso: http://www.nohate.es/cms/concurso/
Quien puede participar:
Jóvenes entre 15 y 29 años de edad, en el momento de la inscripción en el concurso.
Fecha de inicio
Puedes subir tus videos desde el 21 de marzo hasta el 31 de mayo de 2014.
Cómo participar
Tienes que grabar un vídeo que transmita a los que lo vean que hay que estar atentos a la defensa de los derechos humanos y a cualquier forma de intolerancia en Internet. En la web de la Campaña contra la Intolerancia en Internet No Hate (www.nohate.es) encontrarás temas de interés.
Después lo subes a través de esta misma campaña y solo te queda esperar y ver los vídeos del resto de participantes y votar al que más te guste. Porque quienes participáis en el concurso y los visitantes de la web de la Campaña No Hate sois los que decidiréis los vídeos ganadores del concurso.
Cada participante podrá presentar un máximo de 5 videos.
Temática
Ya lo hemos indicado: queremos videos que animen al debate y a la movilización en defensa de los derechos humanos y lucha contra cualquier forma de intolerancia o discriminación. Que promuevan valores de tolerancia, convivencia, igualdad de trato, no discriminación y reconocimiento positivo de la diversidad.
Características de los videos
Los vídeos presentados podrán tener un máximo de un (1) minuto de duración, con un peso máximo de 100 MB.
+INFO WEB NOHATE: http://bit.ly/NMkM3W
+INFO WEB INJUVE: http://bit.ly/19yuNX2Premio
Los 10 videos más votados a lo largo del concurso, tendrán como premio una tablet multitáctil. Ver modelo en las bases!!
Fechas
INICIO: 21 de Mar de 2014 a las 00:00h
FIN: 31 de May de 2014 a las 23:59h
Espero que apareza por aquí o vídeo que leva por título "Eh, tú, culo gordo", que vos pode servir de exemplo. Máis vídeos na páxina do concurso: http://www.nohate.es/cms/concurso/
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


