18/5/15

Club de lectura: Annabel Pitcher

 Annabel Pitcher


Resultado de imagen de annabel pitcher


O grupo do club de lectura de 1º de ESO está traballando cunha novela apaixoante e moi sincera: Mi hermana vive en la repisa de la chimenea  de Annabel Pitcher.


     A autora conta na súa web que naceu en 1982 nunha pequena aldea en West Yorkshire, onde había máis ovellas que persoas. Sempre lle gustou escribir, dende que ía á escola, e que a súa personaxe favorita era Miss Marple, a entrañable detective das novelas de misterio firmadas por Agatha Christie. Estudou na Universidade de Oxford, Literatura Inglesa; entre as súas aficcións están: actuar, pintar, bailar (ballet e baile moderno, "tap"), e, por suposto, ler. Sempre gustou da literatura de Balzac mais tamén de libros menos recoñecidos como de alta calidade, amosa sempre que pode a súa admiración por Harry Potter...

     A novela está contada por Jamie, un rapaz que está desorientado por unha traxedia que viviu a súa familia. Trala morte da súa irmá, Rose, os seus pais pasan por momentos moi difíciles, están separados a raíz da traxedia da filla.
Jamie narra cunha voz tan natural e tan sincera que non podemos evitar poñernos da súa parte. A historia comeza así:

"Mi hermana Rose vive sobre la repisa de la chimenea. Bueno, al menos parte de ella. Tres de sus dedos, su codo derecho y su rótula están enterrados en la tumba de Londres. Mamá y papá tuvieron una discusión de las gordas cuando la policía encontró diez pedazos de su cuerpo".

A familia trasládase ao campo. Ao protagonista gústalle debuxar, como a autora da novela. Non se acaba de adaptar ao novo ambiente, os maiores envíano a unha orientadora porque hai cinco anos que non chora, dende a morte de Rose.

" Me habría gustado preguntarles si ellos llorarían por alguien de quien no se acuerdan, pero me callé. De eso es de lo que parece que nadie se da cuenta, yo no me acuerdo de Rose. No del todo".

Se queredes saber algo máis sobre o libro ou a autora aquí vai unha páxina en pdf de mostra:

www.siruela.com/archivos/fragmentos/MihermanaChimeneafrag.pdf



29/4/15

Concurso en twitter: Libros que pican





Como xa tedes visto polo instituto dende hai unhas semanas, apareceron uns misteriosos carteis que nos teñen intrigados. Hoxe desvelamos as claves: UN CONCURSO EN TWITTER.
As condicións de participación son moi sinxelas:
1º: facerse seguidor de @iesmcbiblio
2º: enviar un tuit co #librosquepican
3º: comentar un libro que  "te picou"
4º: non excedas os límites dun tuit (140 caracteres) por libro.

Podes participar as veces que queiras pero cada libro debe ir unicamente no espazo dun solo tuit.

Hai libros que deixan unha impronta nas nosas vidas, nalgún momento, nalgún lugar, nunhas circunstancias... As túas impresións de lectura poden servir a outros para achegarse aos teus libros, aos nosos...


27/4/15

Juan Goytisolo, Premio Cervantes 2015




O día 23 de abril entrégase o Premio Cervantes no paraninfo da Universidade de Alcalá de Henares. Este día internacional do libro que homenaxea a Cervantes, a Shakespeare e a todos os que lemos foi dedicado este ano a Juan Goytisolo, escritor que cando era moi novo foi incluído na lista da "Xeneración do medio siglo" e do "realismo  social".
Moito máis que iso fixo o segundo dos Goytisolo (o seu irmán maior, José Agustín, foi poeta; o máis novo, Luis, é tamén novelista) xa que evolucionou dende o realismo dos seus primeiros libros ata chegar á renovación narrativa dos anos 60 e 70 a partir da súa obra Señas de identidad. 






Este barcelonés, descendente de vascos e veciño de París case toda a súa vida adulta onde traballou para a prestixiosa editorial Gallimard, pasou ao "outro lado" hai máis de vinte anos e alí reside, entre Marraquesh e Tánxer, indagando na linguaxe e creando unha lingua propia a través dos seus libros.
Cando foi preguntado pola súa nacionalidade afirmou, coa ironía que o caracteriza, que el é de nacionalidade "cervantina". Síntese contemporáneo de autores como o Arcipreste de Hita, ou de Fernando de Rojas, de Cervantes, de Juan de la Cruz, de Miguel de Molinos... Aos que vós coñecedes ben porque os estades estudando. Toda unha "árbore da literatura"que conforma a nosa cultura e a nosa tradición, aínda que sexa a máis heterodoxa.



Nas últimas décadas disminuíu a súa produción con Telón de boca anunciou a súa despedida da novela mais seguiu co seu labor ensaístico cos seus artigos en El País.
O discurso pronunciado ante as autoridades políticas e académicas causou certa sorpresa entre os que non están habituados a ler os seus artigos de opinión.
 Se seguides a prensa podedes atopar frecuentemente artigos de Juan Goytisolo sobre esta absurda sociedade, as guerras, as inxustizas... Foi un dos primeiros en decatarse do descenso no nivel cultural, intelectual e social deste país no seu "Vamos a menos", publicado anos atrás...
Na biblioteca tedes unha mostra dalgunhas obras que ben merecen unha lectura. Xunto con novelas, hai un par de volumes de memorias (Coto vedado e En los reinos de taifas) onde vai
devanando as súas dúbidas, as súas miserias,cunha sinceridade que non é habitual en español, onde por outra banda, non é frecuente atopar autobiografías e memorias de intelectuais,


17/4/15

Eduardo Galeano, in memoriam

   
Estes días recibimos unha mala noticia, a morte de Eduardo Galeano, un dos escritores máis populares e máis lúcidos en español.
      Foi escritor e periodista, sempre comprometido coa realidade social e política latinoamericana.
      Naceu en Montevideo en 1940, na mesma cidade morreu neste mes de abril, mes dos libros. Galeano viviu en primeira liña a chegada da dictadura militar a Uruguay, así que marchou exiliado para  Arxentina en 1973, onde tamén tería que vivir o golpe de estado de Videla; un segundo exilio deu con el en España, aquí residiu entre 1976 e  1985. Coa chegada da democracia ao seu país, tamén Galeano quixo volver e construír un futuro nel. Fundou unha editorial e continuou co seu labor de literato e de articulista en prensa.
     A súa figura sempre foi recoñecida como cronista da realidade americana e tamén como conciencia crítica. Hoxendía sempre se cita o seu ensaio Las venas abiertas de América Latina, seguramente tedes visto en televisión que foi un galano de Hugo Chávez a Obama.
     Mais a obra maestra de Eduardo Galeano foi, case seguro, a triloxía "Memoria del fuego" (que recolle Los nacimientos, Las caras y las máscaras, e El siglo del viento, entre 1982 e 1986) onde revisa a historia americana dende 1942 ata a actualidade para enfrontarse á usurpación da memoria que supuxo a historia oficial.

     Entre nós tivo tamén moito éxito El libro de los abrazos, de 1989, coa tenrura característica do autor.
     As webs están cheas de citas célebres deste prolífico e agudo pensador, gran vividor e amante do fútbol.

 Nós queremos deixar algunhas que, si non son as mellores, alomenos esperemos que vos fagan pensar.
    Sobre o  mundo:
     "La historia de América Latina es la historia del despojo de los recursos naturales"
     "Al fin y al cabo, somos lo que hacemos para cambiar lo que somos"
    O Galeano máis sensible:
     "Hay un único lugar donde dejar y hoy se encuentran y se reconocen y se abrazan. Ese lugar es mañana."
     O máis crítico:
     "El mundo se divide, sobre todo, entre indignos e indignados y ya sabrá cada quien de qué lado quiere o puede estar".
     O apaixoado do fútbol:
     "Como todos los uruguayos, toditos, yo nací gritando gol"
     "Siempre jugué muy bien, la verdad, maravillosamente bien.Era el mejor de todos, pero sólo de noche mientras dormía. Durante el día, hay que reconocerlo,he sido el peor pata de palo que se ha visto en los campitos de mi país".
     Xa temos na biblioteca algúns exemplares da súa obra. Mesmo o último libro que deixou á imprenta antes de morrer, a súa obra póstuma, Mujeres, que edita Alianza Editorial.

Achégadevos aos libros que nos deixou para coñecelo mellor. Paga a pena!

25/3/15

Os secretos de Donna Tartt

     


     Donna Tartt deuse a coñecer en 1992 coa publicación de El secreto, unha novela de iniciación protagonizada por un rapaz solitario e falto de cariño que escolle entrar nunha universidade moi alonxada do seu perdido pobo californiano. O que non sabe é que deixar aos seus pais e a súa vida anodina o fará entrar nunha espiral moi perigosa. 
     Elixe formar parte dun grupo selecto de estudantes de Literatura Clásica e, pouco a pouco, vaise decatando das estranas relacións de dependencia que hai entre os seus compañeiros e do terrible secreto que ocultan.


     A novela é un longo flash-back que parte do asasinato dun estudante do grupo pero a intriga permanece intacta ao longo do relato (e son 770 páxinas), xa que Donna Tartt non desvela nada, vai amosando as complicadísimas relacións entre os amigos, a influencia excesiva e maligna do profesor, o liderazgo oscuro dun dos rapaces protagonistas, os ritos dionisíacos que queren reproducir, a iniciación á vida adulta no campus universitario... A  intrincada rede de conflictos e de pequenos secretos interesa tanto ao lector que non pode deixar de ler unha novela hipnótica, psicolóxica, pero tamén de misterio e sobre todo crónica dunha xuventude que camiña sobre o fío dunha navalla sen saber que a vida pode pasar factura, mesmo que "sempre pasa factura".

     Dez anos despois, a autora publicou unha segunda novela, Un juego de niños, na que amosa a vida lenta do profundo sur dos Estados Unidos, onde ela naceu. Outra vez o mundo da adolescencia e da violencia: unha rapaza intenta esclarecer a morte do seu irmán.

      Non tivo tan boa acollida como a primeira novela mais o público americano agardou con paciencia outros dez anos para coñecer a que hoxe está sendo unha das obras máis lidas deste curso: El jilguero.

     Premio Pulitzer 2014,  El jilguero, malia súa extensión (máis de mil cen páxinas!), é outra novela hipnótica, de intriga, de iniciación, de aventuras, de misterio... Unha novela que ten cinco novelas dentro e que engancha ao lector como si fora unha obra curta. O estilo de Donna Tartt é moi sinxelo pero envolvente, aparentemente sereno pero cheo de matices que transmite ao lector. Ela sabe dosificar moi ben a información para termos enganchados dende a primeira frase.

     El jilguero parece  unha novela de aprendizaxe: o xove protagonista, que vive en Nova York coa súa nai, visita unha exposición na que a tabliña de Fabritius "El jilguero" chama a súa atención....

Non podemos decir máis, ainda que as reseñas do libro xa teñen desvelada a intriga principal, agás que a vida do protagonista experimenta unha convulsión dende o primeiro capítulo e que a acción é trepidante.

9/3/15

Club de lectura

O grupo de 4º de ESO celebrou unha reunión do Club de Lectura para falar e repartir o novo libro. En marzo, Enderezo descoñecido de Kressman Taylor. Escollimos unha obra curta e dinámica para poder dedicar as nosas forzas aos exames (e tamén á viaxe a Barcelona...), na edición de Xerais, traducida ao galego por Emma Lázare en 2005.


Esta novela foi publicada por primeira vez en 1938, nunha revista literaria, a autora, Katherine Kressman, decidiu escribila cando viu unha mala reacción entre uns homes que se saludaron en San Francisco, onde ela vivía  (en realidade, eran vellos coñecidos alemáns e un deles negou o saludo ao outro)
Púxose a ler todo o que caía nas súas mans sobre o que estaba a pasar en Alemaña. Asustada polo que foi lendo, creou unha novela epistolar onde recolle a correspondencia entre un xudeu que vive en San Francisco e o seu antigo socio que volveu a Alemaña e lle vai contando como cambian as cousas co novo goberno de Hitler, a quen el, ao principio, acolle con esperanza de que as cousas vaian mellor para o seu país.
Cando rematou o libro, o seu editor e o seu home convenceron á autora para que escollera un nome artístico xa que a historia era "demasiado dura para aparecer asinada por unha muller". Como podedes ver, os tempos eran ainda moi paternalistas coas mulleres, aínda que en moitos sitios as cousas non cambiaron moito, e mesmo aquí van dando unha volta para atrás. Así que Katherine firmou co seu nome e co seu apelido "de casada" (Si, nos Estados Unidos as mulleres perden o seu apelido cando casan...)

A obra tivo moito éxito pero en Europa foi incluida na lista de libros prohibidos. Hitler instituiu o "Reichkommisar" para impedir que se publicaran libros críticos co seu réxime político.
 Así que perdemos Enderezo descoñecido ata que algúns editores volveron a publicalo xa nos anos noventa do século XX.

No Ágora

Hoxe queremos presentarvos o Centro Ágora da Coruña. É un edificio diáfano, singular, onde o concello organiza recitais de poesía, representacións teatrais, concertos, exposicións... Ten unha boa biblioteca, unha boa hemeroteca, con sá de estudo e cafetería. Estes días estará Martín Casariego, falando da súa última novela El juego sigue sin mí con Pedro Ramos. Con esta obra, o novelista ven de gañar o Premio Café Gijón.Afirman que é unha novela de aprendizaxe, das que os adolescentes gustan tanto, na que o narrador, de 14 anos, está moi influenciado por un xove maior que el, quen lle da clases particulares...
E próximamente (para o 26 de marzo) esperan a John Banville, flamante último premio Príncipe de Asturias das Letras. O Ágora recolle a súa programación no enderezo:www.coruna.es/centroagora

9/2/15

Auschwitz: 70 anos da liberación

     O pasado 27 de xaneiro cumplíronse 70 anos da liberación dos prisioneiros no campo de concentración de Auschwitz, en Polonia. Era o fin da II Guerra Mundial.
     A ONU conmemora nesa data o Día Internacional en Memoria das Víctimas do Holocausto.
     Cando o exército soviético entrou no campo de exterminio de Auschwitz-Birkenau, o día 27 de xaneiro de 1945, as cámaras grabaron o horror: famélicos, cadavéricos, enaxenados, milleiros de homes e mulleres que sobreviviran ao extermínio, ás enfermidades e á fame...
     Máis de un millón de xudeus de todos os países europeos, xitanos, homosexuais e activistas políticos contrarios ao rexime nazi foron asasinados. A memoria da barbarie conforma unha insoportable realidade para a historia recente de Europa. O governo alemán de Adolf Hitler perpetrou un proxecto de aniquilación dunha raza, e de aproveitamento industrial dos seus prisioneiros de guerra (traballaban ata á extenuación para o III Reich, e cando xa non servían eran asasinados)
     Hoxendía o Campo de Auschwitz-Birkenau é un lugar que perpetúa a memoria do holocausto e que recibe visitantes de todo o mundo.
     Dende hai anos, o noso instituto participa nun intercambio co centro "Miguel de Cervantes" de Varsovia. Sempre programamos unha viaxe a Cracovia coa visita ao campo de Auschwitz-Birkenau, a pouca distancia da cidade. Moitos recoñeceredes estas fotografías que tomamos en setembro de 2012.
     Son imaxes do campo de concentración, dos edificios, da cámara de gas, dos hornos crematorios, da estación do campo de Bikernau (onde chegaban a diario dez mil persoas para traballar ata a morte)Sigue el tablero Auschwitz-Bikernau de Biblioteca IES María Casares en Pinterest.

21/1/15


     Comezamos o novo ano 2015 facendo unha achega  ao novo Premio Nobel de Literatura, Patrick Modiano.


  Como xa tedes visto nas novidades da Biblioteca, temos algúns dos seus libros máis importantes, publicados por Anagrama en castelán: Trilogía de la ocupación, Calle de las tiendas oscuras, En el café de la juventud perdida.
                                                
                                          






Na exposición que fixemos en outubro xa vos contamos á súa biografía e algunhas referencias ás súas novelas máis coñecidas. O que non vos dixemos é que tamén ocupou o seu tempo en tareas menos "académicas", foi guionista de cine e mesmo letrista de cancións como esta que canta Françoise Hardy (musa da  tan alabada " canción francesa")



19/1/15

Club de lectura

     



      Estes días pasados celebramos  a reunión de xaneiro no Club de Lectura. Despois de ter algunha fatiga ao ler Farenheit 451, pasamos a outro tema moi distinto da ciencia-ficción e a outro estilo, máis intimista.
      Eleximos a Irene Némirovsky, unha escritora francesa de orixe xudía que foi asasinada no campo de concentración de Auschwitz, coma nova autora para  o grupo de lectores de 4º de ESO.
      Unha vez vistas algunhas das súas novelas o plan de lectura é comezar El baile.




  Os libros están en camiño, non desesperedes....
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...