28/2/13

Poemas para Rosalía

Se todo vai ben quedará depositada neste post unha mostra gravada do recital de poemas de Rosalía de Castro que un grupo de alumnas e alumnos de 4º interpretou hoxe na biblioteca. Lamentablemente, perdín unha parte da segunda actuación por ter unha xuntanza co club de lectura. Así e todo, cheguei a tempo de lle facer unha foto a unha das recitadoras, Alba Pérez, a quen vedes a continuación feliz e contenta. A ela, e a todos os que colaboraron nesta actividade, as profesoras que formamos o equipo da bibliotecas dámoslles as grazas e felicitámol@s polo seu excelente traballo. 





                      

27/2/13

Ler é sexy


Quero mostrar con este post e os documentos gráficos que nel figuran que ler é sexy.







Para




25/2/13

"Te llamaré Viernes" e "Papel mojado" chegan ao recuncho dos libros liberados

Se lle fixestes caso aos consellos de Pablo Motos (véxase post anterior), apreciaredes, polo menos, un dos títulos que acabo de liberar. Refírome a Papel mojado, de Juan José Millás, o escritor que iniciou no famoso presentador televisivo a afección á lectura. Non  menos popular e alabado é o outro título que hoxe pasa a facerlle compaña no recuncho do libro liberado: Te llamaré viernes, de Almudena Grandes, escritora  que moitos coñeceredes por ter lido outra obra súa, o libro de relatos Estaciones de paso, preceptiva en cuarto de ESO. Cópiovos a continuación cadansúa sinopse destes dous libros.

Te llamaré Viernes




En un Madrid sin alma, Benito ata los cabos de su accidentada existencia gris, hecha para estrellarse una y otra vez «con la miseria del héroe», hasta el día en que, cual un nuevo y desesperado Robinson urbano, encuentra a su Viernes en Manuela, con quien la Naturaleza no fue benigna pero a quien sí dotó del extraordinario don de fabular. Consuelan su tortuoso y tenue deseo de vida y amor el recuerdo insistente de las chinelas azul celeste de una madre infiel y los delirios filosóficos de Polibio, intelectual venido a menos, dueño del bar más cutre de la ciudad. A su alrededor, los demás, el jodido mundo que es como una isla desierta cuando no hay un maldito Viernes que te cuente un cuento… 
Le a reseña completa en Lecturalia 


Partiendo de una argumento típico de novela policíaca, aborda Juan José Millás un tema a la vez psicológico y literario: el del conflicto entre lo que se es y lo que se quiere ser o, si se prefiere, las relaciones entre apariencia y realidad, que es tanto como decir: la razón de ser de la literatura. Con un estilo ágil y lleno de los más diversos registros, mezcla de parodia y melodrama, de humor e ironía, de lirismo y cínico sarcasmo, avanza el relato entre diálogos brillantes, metáforas surrealistas y ecos inconfundibles de la novela negra, llevando en volandas al lector hasta un final sorprendente, insólito, casi borgiano.
 Le a reseña completa en  Club Cultura

24/2/13

Alborada para Rosalía

Deixa que nesta fría mañá de domingo soe  tamén na túa casa a Alborada de Rosalía, como un xeito de sumarte á homenaxe que os gaiteiros e gaiteiras  de Galicia lle renden á poeta no 176 aniversario do seu nacemento. E se queres asistir en persoa á interpretación da alborada, consulta nesta páxina  horarios e lugares:


20/2/13

Pablo Motos recomenda a Julio Camba (entre outros)


Aprende a navegar por Internet

Xa sei que vai haber xente á quen lle dea a risa o título deste post. Aprender a navegar por Internet a estas alturas?   Pero se non hai nada que aprender: vas a google, tecleas a palabra que queres buscar e tira millas. Pois non, vai ser que fai falla algo máis, que en Internet tamén hai quen navega con bo rumbo e vento en popa e outros que se estampan contra as ciberpedras cada dous por tres. E para non ser deste últimos, aconséllovos que vexades a presentación que aparece neste post. Ides atopar nela información sobre atallos, trucos, pistas, rutas seguras para movernos con soltura na rede. Elaborárona dúas profesoras: Olga Rodríguez, do CEIP Milladoiro, de Malpica, e Charo Sánchez-Gabriel, do IES Sánchez Cantón, de Pontevedra. Gracias ás dúas polo seu valioso traballo.






Vía: Blog das  Bibliotecas Escolares de Galicia

O Club de Lectura volve a xuntarse

Imaxe creada en Cooltext.com




Aviso para os lectores e lectoras do noso insigne club "María Casares":

O XOVES día 21 de FEBREIRO, no segundo recreo, é dicir, ás 12:10, xuntámonos na sala de titorías cun único punto na orde do día:

reparto de libros de Laura Gallego.

Non vos esquezades.

14/2/13

Máis recomendacións sanvalentinianas

Cunha presa pequena de títulos  argallei un taboeiro en Pinterest que chamei "Para empezar a ler en San Valentín", que nos pode servir de inspiración para os momentos en que nos apeteza ler algo de temática amorosa, xa sexa poesía, teatro ou novela. Aviso que ningún dos títulos que recollo no taboeiro pertece á saga Crepúsculo nin o escribiu Federico Moccia. Contra os cales non teño nada, só que hoxe non lles toca. Así e todo, anímovos a que lle botedes un vistazo ao por terceira vez mencionado taboeiro.









En San Valentín, "Orgullo y prejuicio"



Se me pedides que vos recomende  un libro que encaixe co espíritu "romántico" do San Valentín pero mantendo o tipo e sen caer na empalagosidade, o primeiro que me vén á cabeza é "Orgullo y prejuicio" ("Pride and prejudice"), da escritora inglesa Jane Austen. Claro que hai moitas posibilidades de que a mesma recomendación vola fixese, digamos,o 12 de agosto, por poñer unha data ao chou. E esta recurrencia, esta monotonía recomendadora débese, por un lado, a que me chifla Jane Austen; e, por outro, a que "Orgullo y prejuicio" acaba de estar de aniversario: 200 aniños de nada que cumpliu esta novela e segue tan aguda e  tan fresca coma sempre. E tan popular: sen ir máis lonxe, en Gran Bretaña véndense uns 50.000 exemplares de "Orgullo y prejuicio" cada ano. Porque somos moitos (e aínda máis moitas) os enamorados perdidos de Jane Austen. Un deles, o escritor inglés Matin Amis, quen dicía hai xa uns anos, no 1998, que Jane Austen era máis popular que Quentin Tarantino, a pesar de levar morta case douscentos anos. Non está ao meu alcance medir a popularidade de ningún deles, pero teño que dicir que os relatos de Austen resúltamente moito máis atractivos que os de Tarantino. Así que, animádevos, facédeme caso por unha vez, e atrevédevos a ler "Orgullo y prejuicio". E para ir facendo boca, déixovos o tráiler dunha das últimas adaptacións cinematográficas da novela de Jane Austen.

7/2/13

Carriño viaxeiro

Leva xa un tempo aparcado na biblioteca un carriño tipo hipermercado cheo de novelas, cómics, revistas e dvds varios. Deixámolo aí para que  unha man amiga (dos libros), a dunha profesora ou profesor, o arranque e o acerque ás aulas nas horas de garda, de atención educativa ou cando o considere oportuno. Así, durante os cincuenta minutos que duran as clases podedes ler, follear, escoitar ou contemplar, segundo sexan as vosas preferencias, o contido do carro.Agora ben, se queredes levar para a casa algún dos libros ou dvds do carriño (as revistas xa sabedes que non se poden sacar do centro), tendes que pasar pola biblioteca para formalizar o  préstamo. A continuación, unha proba gráfica de que canto digo é certo.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...