Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía de Castro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía de Castro. Mostrar todas las entradas

24/2/16

Rosalía

24 de febreiro... Algún día celebraremos o "Día de Rosalía". 

Rosalía coma  icona inmortalizada nas camisetas de Rei Zentolo

É a data do seu nacemento, en Santiago de Compostela, en silencio, en secreto... A filla dunha muller solteira, a filla dun cura..., que había de ser a escritora máis lida en galego, a poeta precursora da modernidade en castelán (xunto con Bécquer), a nosa primeira simbolista. Nunca son suficientes as louvanzas a Rosalía, mesmo Google homenaxeou á nosa escritora con este doodle:
Foi poeta, novelista, romántica, posromántica e presimbolista, icona para os galegos da lírica, da sensibilidade, da poesía e mesmo da galeguidade.

Dela escribiu Xesús Alonso Montero:

"Vivía nun país sen voz propia e foi ela a primeira, con entidade, en atopar o nome das cousas, das nosas cousas"

Sabedes todos que a súa non foi unha vida doada. Criada no medio rural, en Castro de Ortoño (Ames) pola súa madriña, viviu sempre a "orfandade" e o secreto do seu nacemento.
Educada coma unha "señorita" en Santiago, pronto frecuentou os círculos culturais e intelectuais, coñeceu a Pondal, a Aureliano Aguirre, e brilou entre os homes do famoso "Banquete de Conxo" onde o Romanticismo entrou arrasando e abriu as finestras da provinciana vida galega. Parece ser que por iso a familia decidiu trasladala a Madrid. 
En Madrid coñece a Manuel Murguía, con quen casa e terá os seus fillos. O matrimonio cambia continuamente de domicilio: Madrid, Simancas (onde el traballa no arquivo), Santiago, Coruña, Drodo, Padrón...

Rosalía escribe prosa e verso, narrativa e lírica, en galego e en castelán. Desenrola a súa creatividade a carón da súa familia nunha vida difícil pola inestabilidade económica e a saúde fráxil que a acompañarían toda a vida.
A súa obra narrativa en castelán é absolutamente moderna, romántica e enigmática. Esta novela, que é máis un conto ao estilo de E.T.A. Hoffmann, sería publicada en 1867:

Coñecedes os poemas galegos máis impactantes de Follas Novas e de Cantares Gallegos, e as versións musicadas que deles fixo o trovador e músico Amancio Prada. E tamén recoñecedes que Rosalía ten unha imaxe que xa é patrimonio de todos os artistas e pasou hai tempo a formar parte da nosa vida cotiá e das nosas artes aplicadas:

fotografía, variacións ao estilo Andy Warhol, pop art
cerámica de Sargadelos




A Casa Museu en Padrón, onde morreu en 1885, está sempre aberta ás visitas e ás homenaxes da muller que é xa o símbolo do noso país.

5/3/14

Rosalía pequeniña

Aproveitando unha amable suxestión de Sara López, déixovos neste post un regalo en forma de vídeo que reproduce unha das composicións dun libro disco delicioso. Trátase de Rosalía pequeniña, publicado pola editorial Galaxia e que recolle, segundo as propias palabras da editorial, "un feixe de cancións  para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía."

Gracias, Sara, pola túa suxestión.
            

       

24/2/14

Rosalía reivindicativa

Vede aquí a nosa segunda contribución ao Día de Rosalía. Trátase dunha presentación novamente elaborada polo Departamento de Galego e parte do equipo da biblioteca sobre os aspectos máis reivindicativos e solidarios da obra de Rosalía de Castro.


                  

24/2/13

Alborada para Rosalía

Deixa que nesta fría mañá de domingo soe  tamén na túa casa a Alborada de Rosalía, como un xeito de sumarte á homenaxe que os gaiteiros e gaiteiras  de Galicia lle renden á poeta no 176 aniversario do seu nacemento. E se queres asistir en persoa á interpretación da alborada, consulta nesta páxina  horarios e lugares:


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...