Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía. Mostrar todas las entradas

24/2/16

Rosalía

24 de febreiro... Algún día celebraremos o "Día de Rosalía". 

Rosalía coma  icona inmortalizada nas camisetas de Rei Zentolo

É a data do seu nacemento, en Santiago de Compostela, en silencio, en secreto... A filla dunha muller solteira, a filla dun cura..., que había de ser a escritora máis lida en galego, a poeta precursora da modernidade en castelán (xunto con Bécquer), a nosa primeira simbolista. Nunca son suficientes as louvanzas a Rosalía, mesmo Google homenaxeou á nosa escritora con este doodle:
Foi poeta, novelista, romántica, posromántica e presimbolista, icona para os galegos da lírica, da sensibilidade, da poesía e mesmo da galeguidade.

Dela escribiu Xesús Alonso Montero:

"Vivía nun país sen voz propia e foi ela a primeira, con entidade, en atopar o nome das cousas, das nosas cousas"

Sabedes todos que a súa non foi unha vida doada. Criada no medio rural, en Castro de Ortoño (Ames) pola súa madriña, viviu sempre a "orfandade" e o secreto do seu nacemento.
Educada coma unha "señorita" en Santiago, pronto frecuentou os círculos culturais e intelectuais, coñeceu a Pondal, a Aureliano Aguirre, e brilou entre os homes do famoso "Banquete de Conxo" onde o Romanticismo entrou arrasando e abriu as finestras da provinciana vida galega. Parece ser que por iso a familia decidiu trasladala a Madrid. 
En Madrid coñece a Manuel Murguía, con quen casa e terá os seus fillos. O matrimonio cambia continuamente de domicilio: Madrid, Simancas (onde el traballa no arquivo), Santiago, Coruña, Drodo, Padrón...

Rosalía escribe prosa e verso, narrativa e lírica, en galego e en castelán. Desenrola a súa creatividade a carón da súa familia nunha vida difícil pola inestabilidade económica e a saúde fráxil que a acompañarían toda a vida.
A súa obra narrativa en castelán é absolutamente moderna, romántica e enigmática. Esta novela, que é máis un conto ao estilo de E.T.A. Hoffmann, sería publicada en 1867:

Coñecedes os poemas galegos máis impactantes de Follas Novas e de Cantares Gallegos, e as versións musicadas que deles fixo o trovador e músico Amancio Prada. E tamén recoñecedes que Rosalía ten unha imaxe que xa é patrimonio de todos os artistas e pasou hai tempo a formar parte da nosa vida cotiá e das nosas artes aplicadas:

fotografía, variacións ao estilo Andy Warhol, pop art
cerámica de Sargadelos




A Casa Museu en Padrón, onde morreu en 1885, está sempre aberta ás visitas e ás homenaxes da muller que é xa o símbolo do noso país.

24/2/14

24 de febreiro, día de Rosalía de Castro

As integrantes do Departamento de Lingua Galega que forman parte do equipo da biblioteca elaboraron un vídeo sobre Rosalía de Castro como primeira parte da súa contribución á conmemoración do Día de Rosalía, que empezamos a celebrar este 24 de febreiro de 2014, data na que se cumpren 177 anos do nacemento da xenial escritora.


                            
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...