31/3/14

A "Tarte Gourmande", de Sara Valenzuela, gaña o primeiro premio do concurso de repostería


Nós tamén queremos felicitar a Sara Valenzuela polo premio conseguido no concurso de repostería. Exquisita a súa tarta, que se notaba preparada e decorada con esmero, unha obra de arte, aínda que efímera. Vede a continuación
un primeiro plano da tarta premiada:
O club de lectura tamén participou no concurso cociñando e degustando. Na seguinte foto podedes ver a Patricia e a Claudia que acababan de probar unhas exquisitas  madalenas.
E nesta Miren Amaia e Patricia
Un plano xeral do comenzo da degustación. Aínda non chegara o xurado nin a maior parte do público.

E para rematar, outras dúas exquisitas tartas participantes.





25/3/14

Os gañadores e finalistas do concurso "Qué estás leyendo" recolleron os seus premios en Santiago de Compostela

Procedencia da imaxe
A primeira pola esquerda é Inés Rodríguez, alumna deste centro, veterana do club de lectura e insigne bloguera, que o pasado día 19 acudiu a Santiago de Composlela a recibir o premio que lle corresponde como autora dun dos blogs finalistas do concurso Qué estás leyendo, do que xa vos falamos nun post anterior. Podedes ampliar esta información en "Hora de ler", blog da Consellería de Educación dedicado ao fomento da lectura.

24/3/14

Animádevos a participar no concurso de repostería do martes 25


O próximo 25 de marzo celebrarase un concurso de repostería na sala "de titorías" do que vos deixo neste post o cartel e as bases. E ao mesmo tempo anímovos a participar, claro.






Reglement du concours
Bases do concurso de repostería francesa

Poesía, cada día

Cristina, a profesora de Lingua Castelá confeccionou este precioso cartel do que podedes ver unha copia no vestíbulo acompañando a exposición de poemas que montamos con motivo da celebración do Día Mundial da Poesía o pasado día 20 de marzo. Recoméndovos que vos paredes a ler as composicións dos rapaces e rapazas de primeiro e segundo da ESO (atoparédelas entremezcadas con outras de autores o que se di consagrados: Rilke, Lope de Vega, Manuel Antonio...). A min encantéronme, é máis, penso pedir permiso aos seus autores e autoras para publicar algunhas delas neste blog.




20/3/14

Journée Internationale de la Francophonie – 20 mars 2014


Les élèves de français de 1ºESO B souhaitent une heureuse journée à toute la communauté francophone!!!

20 mars 2014: Journée internationale de la Francophonie

Cortesía de Carme Armental, a profesora de francés, chéganos a invitación a compartir esta preciosa presentación, que nos lembra que hoxe, 20 de marzo, se celebra a "Journée Internationales de la Francophonie". Gracias, Carme, e félicitations!


17/3/14

V edición do concurso de viñetas da Deputación da Coruña

"Dá igual? Igual non dá" é o lema que ten este ano o concurso de viñetas que por quinta vez convoca a deputación da Coruña. Preténdese esta vez que os e as participantes e seguidores de tal concurso nos fixemos na "identificación de desigualdades por razón de xénero no ámbito educativo". Para participar, debedes ter entre 12 e 18 anos e estar dispostas a debuxar unha soa viñeta ou ata seis "cun fío condutor". Os traballos hai que  envialos antes do 8 de abril.


Deixo a continuación as bases do concurso tal como se publicaron no BOP.

Levírtete en Pontevedra do 14 de marzo ao 5 de abril

Acábanos de chegar vía correo electrónico unha invitación que nos piden vos transmitamos a todos vós. Envíanola O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que desde o día 14 deste mes de marzo e ata o 5 de abril nos convida a degustar "un suculento menú cheo de actividades, contos, espectáculos, obradoiros, presentacións, concertos e moito máis". Eu penso ir, e vós?

14/3/14

Inés Rodríguez, do club de lectura, queda finalista no concurso "Questasleyendo"

Fabulosos resultados os obtidos pola representación galega de lectoras blogueras que participaron no concurso Questasleyendo na súa edición de 2013: dos once blogs españois clasificados, 5 son galegos: 4 de Vigo (un deles o gañador) e un de Oleiros, o  de ¡Inés Rodríguez!, veterana do club de lectura do noso instituto. Parabéns a todas e moi especialmente a Inés: encántanos que o seu amor á lectura e ben facer consiga o recoñecemento que se merece.


O blog de Inés Rodríguez: Questoyleyendo

11/3/14

Para ler ciencia ficción


Acabo de ver no twitter da Fundación Cuatrogatos a mención dunha listaxe que titulan Diez clásicos imprescindibles de la literatura de ciencia ficción. Encargáronlle esta relación a Daína Chaviano, autora cubana especializada en literatura fantástica e de ciencia ficción. E vénme que nin pintada esta relación para lla recomendar ipso facto a Brais e Anxo, do club de lectura, que a semana pasada pedíanme precisamente algo así como unha listaxe de títulos de ciencia ficción, un xénero que lles encanta. Pois aquí lles deixo, e vos deixo tamén a vós, improblables lectores e lectoras, a suxestión de Daína Chaviano. Por certo, Brais e Anxo de momento están lendo 1984, de Orwell.

La guerra de los mundos (1898), de H. G. Wells.

Crónicas marcianas (1950), de Ray Bradbury.

Yo, robot (1950), de Isaac Asimov.

El día de los trífidos (1951), de John Wyndham.

Fahrenheit 451 (1953), de Ray Bradbury.

El fin de la infancia (1953), de Arthur C. Clarke.

Más que humano (1953), de Theodore Sturgeon.

Trilogía de Dune (Dune, 1965; El Mesías de Dune; 1969, Hijos de Dune), de Frank Herbert.

La mano izquierda de la oscuridad (1969), de Ursula K. LeGuin.

Pórtico (1977), de Frederik Pohl.

Foto de Alejandra León-Castella
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...