26/10/15
Club de Lectura
Xa está en marcha o Club de Lectura Bibliomariacasares.
Estes días tedes visto o carteliño que hai polos corredores e no corcho informativo. Tamén o calendario e as datas de reunión.
Sodes moitos os alumnos de 1º de ESO que queredes participar, mais tede un pouco de paciencia...
Polo de agora comeza o Club de 4º de ESO capitaneado por Cristina.
O primeiro libro seleccionado é de Antoine de Saint-Éxupery, El Principito, unha obra diferente, de obrigada lectura que leva anos apartada, non sabemos por que, da vosa xeración.
É un libro diferente, cun protagonista peculiar. Non sabemos se é unha novela ilustrada, un libro de filosofía, un conto de ciencia ficción, un libro para nenos, un libro para adultos, un libro de autoaxuda... O caso é que hai que ler esta historia e falar dela.
Etiquetas:
Club de lectura,
El Principito
9/10/15
Benvidos
Outono en Oleiros, volta á rutina das clases.
Este post vai para os novos alumnos de 1º de ESO que comezan unha nova etapa da súa vida.
Chegar ao instituto é algo importante, fai que un se sinta maior... Cando entra no centro atopa algo caótico (xúrovos que non é o que parece, nuns días estaredes xa afeitos a este caos organizado), e descubre que non se pode sentir maior cando hai tanta xente por enriba de un..., ata hai alumnos que levan barba...
Sodes moitos: uns 650 alumnos.
Tedes seis cursos por diante para convivir e atoparvos a gusto no IES María Casares.
Invítovos a vir á Biblioteca. (Algúns de vos atopáchedes ben pronto o sitio). Non é só un lugar onde ficar no recreo facendo os deberes...
Podes vir a escoitar música (con cascos); a ler cómics, revistas e xornais; a xogar ao axedrez; a coller libros, películas e cedés para levar a casa; a conectarte a internet se tes que informarte de algo ou facer un traballo...
Organizamos frecuentemente exposicións e concursos, só tes que estar atento aos taboleiros.
Da biblioteca parte tamén o Club de Lectura, unha oportunidade de xuntarte con xente que le para falar de libros e de experiencias.
Este curso vai haber dous, un para os de 4º e 1º de bacharelato e outro para os de 1º de ESO, ven a apuntarte no recreo.
Os titores van repartir estes días os novos carnés. Máis adiante iredes pasando pola biblioteca para aprender como funciona e sacarlle máis proveito.
Polo de agora, collede o novo carné e vinde a facernos unha visita. Preguntade sempre o que queirades, pedide consello, pedide información ata do que non sabedes que queredes saber.
PD: Aceptamos suxestións, xa temos dúas peticións de alumnos de 1º. Grazas por colaborar!
Etiquetas:
biblioteca escolar,
Premio Nobel
19/6/15
Fin de curso
Para rematar queremos deixar a foto de Dani Caxete, un astrofotógrafo que leva anos coleccionando premios e colabora coa NASA. A foto famosa focalizou a atención de todos os medios cara a nosa paisaxe: a noite estrelada máis fermosa e o banco máis bonito do mundo están en Loiba, Ortigueira. Dende arriba podedes ver os cantís e a forza do mar, cando é día; cando é noite, con sorte e moita paciencia podedes ver este ceo.
Con esta fotaza despedimos o curso.
Quen ía dicir que chegaría despois de tantos exames, e recuperacións, e finais ...
En fin, xa estamos ao final de curso e temos por diante dous meses, mais para que non esquenzades as boas maneiras, dende o equipo da Biblioteca queremos deixarvos unha escolma de recomendacións lectoras. A suxestións van organizadas por niveis, sempre podedes saltar de un ao outro, ou mesmo podedes recomendar na casa. Libertade total!
No verán hai tempo para todo. E sobre todo, hai tempo para ler!
Etiquetas:
recomendacións lectoras,
vacacións,
verán
17/6/15
Club de lectura de verán
Na última reunión do Club de Lectura decidimos levar para o verán algunha novela "negra" ou de investigación detectivesca. Así na próxima reunión (verán mediante) nos contaremos os casos e intercambiaremos os libros.
Como sodes fans de Agatha Christie a selección pasa polas súas obras máis coñecidas (Morte no Nilo, Asasinato no Orient Express, Dez negriños) pero tamén quixen colarvos a Jack London con Asesinatos S. L. (edición en castelán)
Bó verán de lecturas e ata a próxima convocatoria!
Etiquetas:
Christie,
Club de lectura,
detectives,
London,
misterio,
novela negra
1/6/15
La balada del Norte, Alfonso Zapico
Nestes últimos anos o cómic recibe moitas veces o nome de novela gráfica porque ven sendo elevado á categoría de obra literaria, como se non o fora antes.
O Premio Nacional de Cómic do ano 2012, Alfonso Zapico, publica nova obra: La balada del Norte, unha boa "novela" histórica.
A acción arranca cun prólogo no que se explica como en 1909 comenzan os disturbios na cidade de Barcelona, trala leva forzosa decretada polo goberno de Maura intentando reforzar ao exército na guerra contra Marrocos. Vós estudades o episodio como a "Semana tráxica de Barcelona", verdadeiro xerme do movemento anarquista en España. As revoltas dos obreiros en torno ao movemento sindical anarquista serán a base do argumento.
Algún tempo despois, os problemas laborais continuados e a represión policial farían que o protagonismo pasara aos mineiros asturianos. Fundaron a "Comuna de Asturias" e se levantaron en armas na chamada "Revolución de 1934", foi unha revolución moi curta que só tivo repercusión alí e que Zapico pretende novelar cun guión de lexitimidade histórica e de moita forza narrativa, mais sobre todo cunha imaxe, en branco e negro, limpa e natural: só lapiz e papel.
O protagonista é un home burgués que vive en Madrid e que se traslada a Asturias por motivos persoais. O contacto coas forzas vivas da alta sociedade e a experiencia de coñecer aos mineiros en loita dará lugar a fortes contrastes ao longo da obra.
O autor:
Alfonzo Zapico é asturiano, nado en 1981, afincado agora en Francia (terra de "bande desinée"), sempre traballou na súa terra onde ademáis de publicar cómics colaborou na prensa.
A fama que lle deu a súa obra gráfica Café Budapest, publicada por Astiberri, fixo que as súas estancias en Francia foran cada vez máis frecuentes xa que alí teñen moita afección polo cómic e moito recoñecemento hacia os seus autores (algo que vai avanzando, pouco a pouco, neste lado dos Pireneos)
No 2012 recibiu aquí o Premio Nacional de Cómic por unha obra adicada a un escritor; James Joyce, o título é Dublinés, unha biografía que achega a nós un personaxe difícil, autor dunha obra complexa, Ulysses, nai da narrativa contemporánea.
Na mesa de novidades temos xa na Biblioteca La balada del Norte, non estaría mal botarlle unha ollada neste tempo de exames de Historia de España...
Etiquetas:
cómic,
La balada del Norte,
Premio Nacional de Cómic,
Zapico
18/5/15
Club de lectura: Annabel Pitcher
Annabel Pitcher

O grupo do club de lectura de 1º de ESO está traballando cunha novela apaixoante e moi sincera: Mi hermana vive en la repisa de la chimenea de Annabel Pitcher.
A autora conta na súa web que naceu en 1982 nunha pequena aldea en West Yorkshire, onde había máis ovellas que persoas. Sempre lle gustou escribir, dende que ía á escola, e que a súa personaxe favorita era Miss Marple, a entrañable detective das novelas de misterio firmadas por Agatha Christie. Estudou na Universidade de Oxford, Literatura Inglesa; entre as súas aficcións están: actuar, pintar, bailar (ballet e baile moderno, "tap"), e, por suposto, ler. Sempre gustou da literatura de Balzac mais tamén de libros menos recoñecidos como de alta calidade, amosa sempre que pode a súa admiración por Harry Potter...
A novela está contada por Jamie, un rapaz que está desorientado por unha traxedia que viviu a súa familia. Trala morte da súa irmá, Rose, os seus pais pasan por momentos moi difíciles, están separados a raíz da traxedia da filla.
Jamie narra cunha voz tan natural e tan sincera que non podemos evitar poñernos da súa parte. A historia comeza así:
"Mi hermana Rose vive sobre la repisa de la chimenea. Bueno, al menos parte de ella. Tres de sus dedos, su codo derecho y su rótula están enterrados en la tumba de Londres. Mamá y papá tuvieron una discusión de las gordas cuando la policía encontró diez pedazos de su cuerpo".
A familia trasládase ao campo. Ao protagonista gústalle debuxar, como a autora da novela. Non se acaba de adaptar ao novo ambiente, os maiores envíano a unha orientadora porque hai cinco anos que non chora, dende a morte de Rose.
" Me habría gustado preguntarles si ellos llorarían por alguien de quien no se acuerdan, pero me callé. De eso es de lo que parece que nadie se da cuenta, yo no me acuerdo de Rose. No del todo".
Se queredes saber algo máis sobre o libro ou a autora aquí vai unha páxina en pdf de mostra:
www.siruela.com/archivos/fragmentos/MihermanaChimeneafrag.pdf
O grupo do club de lectura de 1º de ESO está traballando cunha novela apaixoante e moi sincera: Mi hermana vive en la repisa de la chimenea de Annabel Pitcher.
A autora conta na súa web que naceu en 1982 nunha pequena aldea en West Yorkshire, onde había máis ovellas que persoas. Sempre lle gustou escribir, dende que ía á escola, e que a súa personaxe favorita era Miss Marple, a entrañable detective das novelas de misterio firmadas por Agatha Christie. Estudou na Universidade de Oxford, Literatura Inglesa; entre as súas aficcións están: actuar, pintar, bailar (ballet e baile moderno, "tap"), e, por suposto, ler. Sempre gustou da literatura de Balzac mais tamén de libros menos recoñecidos como de alta calidade, amosa sempre que pode a súa admiración por Harry Potter...
A novela está contada por Jamie, un rapaz que está desorientado por unha traxedia que viviu a súa familia. Trala morte da súa irmá, Rose, os seus pais pasan por momentos moi difíciles, están separados a raíz da traxedia da filla.
Jamie narra cunha voz tan natural e tan sincera que non podemos evitar poñernos da súa parte. A historia comeza así:
"Mi hermana Rose vive sobre la repisa de la chimenea. Bueno, al menos parte de ella. Tres de sus dedos, su codo derecho y su rótula están enterrados en la tumba de Londres. Mamá y papá tuvieron una discusión de las gordas cuando la policía encontró diez pedazos de su cuerpo".
A familia trasládase ao campo. Ao protagonista gústalle debuxar, como a autora da novela. Non se acaba de adaptar ao novo ambiente, os maiores envíano a unha orientadora porque hai cinco anos que non chora, dende a morte de Rose.
" Me habría gustado preguntarles si ellos llorarían por alguien de quien no se acuerdan, pero me callé. De eso es de lo que parece que nadie se da cuenta, yo no me acuerdo de Rose. No del todo".
Se queredes saber algo máis sobre o libro ou a autora aquí vai unha páxina en pdf de mostra:
www.siruela.com/archivos/fragmentos/MihermanaChimeneafrag.pdf
Etiquetas:
Club de lectura,
Pitcher
29/4/15
Concurso en twitter: Libros que pican
Como xa tedes visto polo instituto dende hai unhas semanas, apareceron uns misteriosos carteis que nos teñen intrigados. Hoxe desvelamos as claves: UN CONCURSO EN TWITTER.
As condicións de participación son moi sinxelas:
1º: facerse seguidor de @iesmcbiblio
2º: enviar un tuit co #librosquepican
3º: comentar un libro que "te picou"
4º: non excedas os límites dun tuit (140 caracteres) por libro.
Podes participar as veces que queiras pero cada libro debe ir unicamente no espazo dun solo tuit.
Hai libros que deixan unha impronta nas nosas vidas, nalgún momento, nalgún lugar, nunhas circunstancias... As túas impresións de lectura poden servir a outros para achegarse aos teus libros, aos nosos...
27/4/15
Juan Goytisolo, Premio Cervantes 2015
O día 23 de abril entrégase o Premio Cervantes no paraninfo da Universidade de Alcalá de Henares. Este día internacional do libro que homenaxea a Cervantes, a Shakespeare e a todos os que lemos foi dedicado este ano a Juan Goytisolo, escritor que cando era moi novo foi incluído na lista da "Xeneración do medio siglo" e do "realismo social".
Moito máis que iso fixo o segundo dos Goytisolo (o seu irmán maior, José Agustín, foi poeta; o máis novo, Luis, é tamén novelista) xa que evolucionou dende o realismo dos seus primeiros libros ata chegar á renovación narrativa dos anos 60 e 70 a partir da súa obra Señas de identidad.
Este barcelonés, descendente de vascos e veciño de París case toda a súa vida adulta onde traballou para a prestixiosa editorial Gallimard, pasou ao "outro lado" hai máis de vinte anos e alí reside, entre Marraquesh e Tánxer, indagando na linguaxe e creando unha lingua propia a través dos seus libros.
Cando foi preguntado pola súa nacionalidade afirmou, coa ironía que o caracteriza, que el é de nacionalidade "cervantina". Síntese contemporáneo de autores como o Arcipreste de Hita, ou de Fernando de Rojas, de Cervantes, de Juan de la Cruz, de Miguel de Molinos... Aos que vós coñecedes ben porque os estades estudando. Toda unha "árbore da literatura"que conforma a nosa cultura e a nosa tradición, aínda que sexa a máis heterodoxa.
O discurso pronunciado ante as autoridades políticas e académicas causou certa sorpresa entre os que non están habituados a ler os seus artigos de opinión.
Se seguides a prensa podedes atopar frecuentemente artigos de Juan Goytisolo sobre esta absurda sociedade, as guerras, as inxustizas... Foi un dos primeiros en decatarse do descenso no nivel cultural, intelectual e social deste país no seu "Vamos a menos", publicado anos atrás...
Na biblioteca tedes unha mostra dalgunhas obras que ben merecen unha lectura. Xunto con novelas, hai un par de volumes de memorias (Coto vedado e En los reinos de taifas) onde vai
devanando as súas dúbidas, as súas miserias,cunha sinceridade que non é habitual en español, onde por outra banda, non é frecuente atopar autobiografías e memorias de intelectuais,
Etiquetas:
Juan Goytisolo,
Premio Cervantes
17/4/15
Eduardo Galeano, in memoriam
Estes días recibimos unha mala noticia, a morte de Eduardo Galeano, un dos escritores máis populares e máis lúcidos en español.
Foi escritor e periodista, sempre comprometido coa realidade social e política latinoamericana.
Naceu en Montevideo en 1940, na mesma cidade morreu neste mes de abril, mes dos libros. Galeano viviu en primeira liña a chegada da dictadura militar a Uruguay, así que marchou exiliado para Arxentina en 1973, onde tamén tería que vivir o golpe de estado de Videla; un segundo exilio deu con el en España, aquí residiu entre 1976 e 1985. Coa chegada da democracia ao seu país, tamén Galeano quixo volver e construír un futuro nel. Fundou unha editorial e continuou co seu labor de literato e de articulista en prensa.
A súa figura sempre foi recoñecida como cronista da realidade americana e tamén como conciencia crítica. Hoxendía sempre se cita o seu ensaio Las venas abiertas de América Latina, seguramente tedes visto en televisión que foi un galano de Hugo Chávez a Obama.
Mais a obra maestra de Eduardo Galeano foi, case seguro, a triloxía "Memoria del fuego" (que recolle Los nacimientos, Las caras y las máscaras, e El siglo del viento, entre 1982 e 1986) onde revisa a historia americana dende 1942 ata a actualidade para enfrontarse á usurpación da memoria que supuxo a historia oficial.
Entre nós tivo tamén moito éxito El libro de los abrazos, de 1989, coa tenrura característica do autor.
As webs están cheas de citas célebres deste prolífico e agudo pensador, gran vividor e amante do fútbol.
Nós queremos deixar algunhas que, si non son as mellores, alomenos esperemos que vos fagan pensar.
Sobre o mundo:
"La historia de América Latina es la historia del despojo de los recursos naturales"
"Al fin y al cabo, somos lo que hacemos para cambiar lo que somos"
O Galeano máis sensible:
"Hay un único lugar donde dejar y hoy se encuentran y se reconocen y se abrazan. Ese lugar es mañana."
O máis crítico:
"El mundo se divide, sobre todo, entre indignos e indignados y ya sabrá cada quien de qué lado quiere o puede estar".
O apaixoado do fútbol:
"Como todos los uruguayos, toditos, yo nací gritando gol"
"Siempre jugué muy bien, la verdad, maravillosamente bien.Era el mejor de todos, pero sólo de noche mientras dormía. Durante el día, hay que reconocerlo,he sido el peor pata de palo que se ha visto en los campitos de mi país".
Xa temos na biblioteca algúns exemplares da súa obra. Mesmo o último libro que deixou á imprenta antes de morrer, a súa obra póstuma, Mujeres, que edita Alianza Editorial.
Achégadevos aos libros que nos deixou para coñecelo mellor. Paga a pena!
25/3/15
Os secretos de Donna Tartt
Donna Tartt deuse a coñecer en 1992 coa publicación de El secreto, unha novela de iniciación protagonizada por un rapaz solitario e falto de cariño que escolle entrar nunha universidade moi alonxada do seu perdido pobo californiano. O que non sabe é que deixar aos seus pais e a súa vida anodina o fará entrar nunha espiral moi perigosa.
Elixe formar parte dun grupo selecto de estudantes de Literatura Clásica e, pouco a pouco, vaise decatando das estranas relacións de dependencia que hai entre os seus compañeiros e do terrible secreto que ocultan.
A novela é un longo flash-back que parte do asasinato dun estudante do grupo pero a intriga permanece intacta ao longo do relato (e son 770 páxinas), xa que Donna Tartt non desvela nada, vai amosando as complicadísimas relacións entre os amigos, a influencia excesiva e maligna do profesor, o liderazgo oscuro dun dos rapaces protagonistas, os ritos dionisíacos que queren reproducir, a iniciación á vida adulta no campus universitario... A intrincada rede de conflictos e de pequenos secretos interesa tanto ao lector que non pode deixar de ler unha novela hipnótica, psicolóxica, pero tamén de misterio e sobre todo crónica dunha xuventude que camiña sobre o fío dunha navalla sen saber que a vida pode pasar factura, mesmo que "sempre pasa factura".
Dez anos despois, a autora publicou unha segunda novela, Un juego de niños, na que amosa a vida lenta do profundo sur dos Estados Unidos, onde ela naceu. Outra vez o mundo da adolescencia e da violencia: unha rapaza intenta esclarecer a morte do seu irmán.
Non tivo tan boa acollida como a primeira novela mais o público americano agardou con paciencia outros dez anos para coñecer a que hoxe está sendo unha das obras máis lidas deste curso: El jilguero.
Premio Pulitzer 2014, El jilguero, malia súa extensión (máis de mil cen páxinas!), é outra novela hipnótica, de intriga, de iniciación, de aventuras, de misterio... Unha novela que ten cinco novelas dentro e que engancha ao lector como si fora unha obra curta. O estilo de Donna Tartt é moi sinxelo pero envolvente, aparentemente sereno pero cheo de matices que transmite ao lector. Ela sabe dosificar moi ben a información para termos enganchados dende a primeira frase.
El jilguero parece unha novela de aprendizaxe: o xove protagonista, que vive en Nova York coa súa nai, visita unha exposición na que a tabliña de Fabritius "El jilguero" chama a súa atención....
Non podemos decir máis, ainda que as reseñas do libro xa teñen desvelada a intriga principal, agás que a vida do protagonista experimenta unha convulsión dende o primeiro capítulo e que a acción é trepidante.
Etiquetas:
Donna Tartt,
El jilguero,
El secreto,
Fabritius,
Premio Pulitzer,
recomendacións lectoras
Suscribirse a:
Entradas (Atom)































