Un poemiña de
Amado Carballo, un agasallo para todos vós. De nada
O Galo. (Poesía)
"Ábrelle as portas ao día
coa chave do teu cantar
que xa na fonte da Lúa
está lavada a mañán.
Bótalle o teu aturuxo
á paisaxe dende o val
que o gran balbo das estrelas
cairá serodio no mar.
O campo cheo de frío
busca un anaco de sol,
alcéndelle unha fogueira
co lume da túa voz."
No hay comentarios:
Publicar un comentario