Igual que a formiga da fábula se afana en atesourar provisións para non pasar fame e mellor levar o longo inverno, así nós andamos de acó para aló mercando libros que satisfagan o non menos urxente apetito lector dos usuarios/as da nosa biblioteca e lles permitan pasar os meses de frío e mal tempo ben "pertrechados" contra o aburrimento e a apatía.
Móstrovos, logo, a continuación unha presa de libros que acaban de chegar e permítome repetir unha advertencia, que os improbables lectores deste blog estarán cansos de me oír cada vez que toco o tema das novidades: os títulos que veredes a continuación non son todos os que se incorporan este mes ás baldas da biblioteca, hai máis, uns cantos máis. Pasade pola mesa de novidades, á entrada da biblioteca, botádelle unha ollada e etc, etc, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario