15/11/11

Un mar de lecturas

Os clubs de lectura están a piques de comenzar as súas actividades: só nos queda recibir  as ducias de libros que temos encargados e que nos permitirán atender a entusiasta demanda que felizmente nos desborda este curso. En canto cheguen, xa estaremos en condición de poñer proa cara ós nosos respectivos destinos lectores.  Aproveitade, logo, estes días en que non empezou a "temporada alta" de exames e notas e apuntádevos ao club de lectura que vos corresponda (ou a outro, que niso non nos imos poñer tiquismiquis): augurámosvos unha viaxe divertida e proveitosa.

E voilà os títulos que imos ler neste trimestre:

La isla de los delfines azules, de Scott O'Dell para 1º e 2º de ESO.

Ollos de auga, de Domingo Villar, para 3º e 4º de ESO.

Ardiente deseo, de Stefan Zweig, para 1º e 2º de bacharelato

Por último, pídovos un aplauso para o fermoso cartel que Manuel Álvarez elaborou para animar e anunciar a convocatoria dos clubs de lectura deste curso. Sostén Manuel  que a súa obra non é enteiramente orixinal, que se inspirou nun anuncio que viu hai uns cantos anos na rúa dunha cidade  alemana. Daquela compre que dediquemos tamén o noso aplauso ao autor ou autora alemán do cartel inspirador. Vaia logo tamén para el ou ela o noso recoñecemento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...