16/5/13

Roberto Vidal Bolaño

Ese señor con nariz de pallaso que asoma a cara polo ventanuco da porta do salón de actos non é outro que Roberto Vidal Bolaño, escritor, director e actor de teatro a quen vai dedicada este ano a celebración do Día das Letras Galegas. Na entrada do instituto tendes unha exposición sobre a súa vida e obra. Supoño que a estas alturas as profesoras de galego xa vos terán repartido os caderniños que elaboraron sobre a figura deste insigne personaxe. Se non é así, podedes pedilo  na biblioteca (ou consultalo neste mesmo blog nunha entrada anterior)

IMG_0430


IMG_0433


IMG_0435

IMG_0437

Moitísimas e moi boas actividades se celebran estes días nos centros escolares de Galicia. Podedes ver unha mostra de algunhas delas neste post do blog das Bibliotecas de Galicia. Pero permitídeme que destaque aquí, xa para rematar, a miña favorita: o photocalla elaborado na Escola de Educación Infantil Barrionovo, de Arteixo. Encántame.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...