16/5/13

Visitamos Radio Coruña

Quero deixar constancia neste blog de que ás veces a xente do equipo da biblioteca pousamos os libros e imos de viaxe, case nunca  lonxe, todo hai que dicilo, pero sempre con proveito, ou polo menos iso esperamos. E como exemplo a visita que o martes fixemos a Radio Coruña co grupo de alumnos e alumnas de 1ºC. Chegamos, escoitamos aos periodistas que traballan nos informativos, gravamos unhas cuñiñas que esperamos colocar por aquí proximamente, escollemos música no estudo de "Los 40 principales" e recollemos unha taza que tiveron a ben regalarnos. Despois de todo iso non é de estrañar que volvésemos contentos como unhas pascuas. Observade a continuación as caras concentradas, felices, divertidas... dos visitantes radiocoruñeiros.

Posando en Radio Coruña


Estudio de grabación 2

Los 40 principales 2

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...