25/10/13

O club de lectura bota a andar

Rogamos a todos os e as integrantes do club de lectura "María Casares", especialmente do nivel 1, que estean atentos a este blog e/ou aos taboeiros de cortiza (vulgarmente chamados "corchos") das escaleiras. En ámbolos dous sitios anunciamos xuntanzas e demais asuntos relacionados coas nosas actividades. E se non consultan ningún dos dous, logo non se enteran e pasa o que pasa, que se poñen dos nervios e vagan polo instituto buscando quen os apunte en tal lista, ou lles preste tal outro libro, ou lles tome nota do que queren ler, etc, etc, etc. Por exemplo, hoxe houbo varias ausencias á "ceremonia inaugural" das nosas xuntanzas para este curso e iso que levaba unha semana anunciada. Así e todo, os que fumos pasámolo ben e marchamos co noso libro contentos como cucos. E para que conste deixo aquí un feixiño de fotos.






2 comentarios:

  1. SLópez11/04/2013

    Noraboa polo voso exemplo!! Parabéns ás resposables da biblioteca e do blog... agardo que iniciativas coma esta cheguen moito máis lonxe!!


    Enlace prensa:

    http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2013/11/03/neira-20-minutos-leer/778899.html

    ResponderEliminar
  2. Gracias, Sara, por nos dar uns ánimos que tanta falta nos fan nestes recortados tempos. Non me enterara da alusión que fai La opinión ás nosas humildes iniciativas. Comentareino co resto da xente e cos "clubistas".

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...