24/1/14

10º concurso de fotografía Xurxo Lobato 2014

Se o teu é mais ben a imaxe e a súa maxia, que tamén a ten ( aínda que por estes pago mólannos máis as palabras), temos un concurso para ti. Concretamente, e agora mesmo,   podes participar no Xurxo Lobato de fotografía, que vai pola décima edición e que no pasado premiou traballos de alumnas deste centro. Eu vin a noticia deste concurso na páxina web do centro, sección "eventos" e alí vos remito para máis información. E máis no Facebook do concurso. Con todo isto e coas bases que podes ver a continuación, non che queda máis que pillar a cámara e poñerte en acción.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...