 |
Procedencia da imaxe |
Desde as
bibliotecas municipais de Oleiros chéganos a invitación, que agradecemos, ao acto de presentación do libro de poemas
Remontar o río, da escritora
Helena Villar Janeiro, que terá lugar o vindeiro luns 24 de novembro ás 18:30 na
biblioteca Rosalía de Castro, de
Santa Cruz. Cópiovos a continuación o texto do email que se nos envíou:
Un
libro especial formado por poesías de Helena Villar Janeiro e
ilustracións de Luz Darriba. Fermoso poemario que describe unha viaxe da
autora ao longo do Danubio. O feito de que o barco fose contracorrente
suscítalle a ídea de remontar o propio río do tempo.
A
poeta pensou desde os inicios que sería un libro especial, porque o
consideraba a súa manda poética, e debía estar complementado cunha
visión artística. Luz Darriba, a artista elixida, desenvolveu un
proxecto moi orixinal arredor dos textos, simbolizando o río co formato
dun libro despregable no que a poesía flúe por unha marxe, á dereita, e a
ilustración en augada sobre negro vai acompañándoa pola esquerda. O
conxunto conforma un libro artesanalmente singular, co papel dunha soa
peza, pregado, que fai del un obxecto de arte moi atractivo.
Invítase a asistir a esta presentación a todas as persoas que o desexen .
No hay comentarios:
Publicar un comentario