27/4/15

Juan Goytisolo, Premio Cervantes 2015




O día 23 de abril entrégase o Premio Cervantes no paraninfo da Universidade de Alcalá de Henares. Este día internacional do libro que homenaxea a Cervantes, a Shakespeare e a todos os que lemos foi dedicado este ano a Juan Goytisolo, escritor que cando era moi novo foi incluído na lista da "Xeneración do medio siglo" e do "realismo  social".
Moito máis que iso fixo o segundo dos Goytisolo (o seu irmán maior, José Agustín, foi poeta; o máis novo, Luis, é tamén novelista) xa que evolucionou dende o realismo dos seus primeiros libros ata chegar á renovación narrativa dos anos 60 e 70 a partir da súa obra Señas de identidad. 






Este barcelonés, descendente de vascos e veciño de París case toda a súa vida adulta onde traballou para a prestixiosa editorial Gallimard, pasou ao "outro lado" hai máis de vinte anos e alí reside, entre Marraquesh e Tánxer, indagando na linguaxe e creando unha lingua propia a través dos seus libros.
Cando foi preguntado pola súa nacionalidade afirmou, coa ironía que o caracteriza, que el é de nacionalidade "cervantina". Síntese contemporáneo de autores como o Arcipreste de Hita, ou de Fernando de Rojas, de Cervantes, de Juan de la Cruz, de Miguel de Molinos... Aos que vós coñecedes ben porque os estades estudando. Toda unha "árbore da literatura"que conforma a nosa cultura e a nosa tradición, aínda que sexa a máis heterodoxa.



Nas últimas décadas disminuíu a súa produción con Telón de boca anunciou a súa despedida da novela mais seguiu co seu labor ensaístico cos seus artigos en El País.
O discurso pronunciado ante as autoridades políticas e académicas causou certa sorpresa entre os que non están habituados a ler os seus artigos de opinión.
 Se seguides a prensa podedes atopar frecuentemente artigos de Juan Goytisolo sobre esta absurda sociedade, as guerras, as inxustizas... Foi un dos primeiros en decatarse do descenso no nivel cultural, intelectual e social deste país no seu "Vamos a menos", publicado anos atrás...
Na biblioteca tedes unha mostra dalgunhas obras que ben merecen unha lectura. Xunto con novelas, hai un par de volumes de memorias (Coto vedado e En los reinos de taifas) onde vai
devanando as súas dúbidas, as súas miserias,cunha sinceridade que non é habitual en español, onde por outra banda, non é frecuente atopar autobiografías e memorias de intelectuais,


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...