17/4/15

Eduardo Galeano, in memoriam

   
Estes días recibimos unha mala noticia, a morte de Eduardo Galeano, un dos escritores máis populares e máis lúcidos en español.
      Foi escritor e periodista, sempre comprometido coa realidade social e política latinoamericana.
      Naceu en Montevideo en 1940, na mesma cidade morreu neste mes de abril, mes dos libros. Galeano viviu en primeira liña a chegada da dictadura militar a Uruguay, así que marchou exiliado para  Arxentina en 1973, onde tamén tería que vivir o golpe de estado de Videla; un segundo exilio deu con el en España, aquí residiu entre 1976 e  1985. Coa chegada da democracia ao seu país, tamén Galeano quixo volver e construír un futuro nel. Fundou unha editorial e continuou co seu labor de literato e de articulista en prensa.
     A súa figura sempre foi recoñecida como cronista da realidade americana e tamén como conciencia crítica. Hoxendía sempre se cita o seu ensaio Las venas abiertas de América Latina, seguramente tedes visto en televisión que foi un galano de Hugo Chávez a Obama.
     Mais a obra maestra de Eduardo Galeano foi, case seguro, a triloxía "Memoria del fuego" (que recolle Los nacimientos, Las caras y las máscaras, e El siglo del viento, entre 1982 e 1986) onde revisa a historia americana dende 1942 ata a actualidade para enfrontarse á usurpación da memoria que supuxo a historia oficial.

     Entre nós tivo tamén moito éxito El libro de los abrazos, de 1989, coa tenrura característica do autor.
     As webs están cheas de citas célebres deste prolífico e agudo pensador, gran vividor e amante do fútbol.

 Nós queremos deixar algunhas que, si non son as mellores, alomenos esperemos que vos fagan pensar.
    Sobre o  mundo:
     "La historia de América Latina es la historia del despojo de los recursos naturales"
     "Al fin y al cabo, somos lo que hacemos para cambiar lo que somos"
    O Galeano máis sensible:
     "Hay un único lugar donde dejar y hoy se encuentran y se reconocen y se abrazan. Ese lugar es mañana."
     O máis crítico:
     "El mundo se divide, sobre todo, entre indignos e indignados y ya sabrá cada quien de qué lado quiere o puede estar".
     O apaixoado do fútbol:
     "Como todos los uruguayos, toditos, yo nací gritando gol"
     "Siempre jugué muy bien, la verdad, maravillosamente bien.Era el mejor de todos, pero sólo de noche mientras dormía. Durante el día, hay que reconocerlo,he sido el peor pata de palo que se ha visto en los campitos de mi país".
     Xa temos na biblioteca algúns exemplares da súa obra. Mesmo o último libro que deixou á imprenta antes de morrer, a súa obra póstuma, Mujeres, que edita Alianza Editorial.

Achégadevos aos libros que nos deixou para coñecelo mellor. Paga a pena!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...