9/2/11
3/2/11
Matmonólogos: cóntanos a túa experiencia coas matemáticas
Sexades de ciencias ou de letras de toda a vida, agora tendes unha oportunidade de contarlle ao mundo cal foi a vosa experiencia coas matemáticas, ou calquera outro asunto que teña que ver con esta disciplina. E isto é así porque o Instituto de Monelos e o seu boletín de divulgación matemática Tetractis invítanvos a particiapar no cuarto certame de Matmonólogos. Cópiovos de Tetractis un extracto das bases do concurso. Se queredes velas completas, visitade a páxina, que é moi interesante, non só pola información do concurso, senon tamén por outros contidos alleos a el (as suxerencias de lecturas relacionadas coas matemáticas, por exemplo). Déixovos logo co extracto das bases non sen antes felicitar a Paloma Tarrío Alves, alumna do instituto de Monelos e autora do cartel do concurso: quedoulle moi logrado.
Vía: Bibliotecas escolares de Galicia
Os participantes presentarán un guión cunha extensión máxima de mil palabras en lingua galega ou castelá. O tema deberá estar relacionado coas matemáticas. Deberán presentarse en formato DINA4, por unha cara, a dobre espazo, con corpo de letra de 12 puntos e encabezados polo título.
Estabelécense catro categorías nas que o xurado designará un/unha gañador/a por categoría:
Alumnado de primaria e primeiro ciclo de secundaria.
Alumnado de segundo ciclo de secundaria e bacharelato.
Persoas, en xeral, cun mínimo de 18 anos e sen límite de idade.
Alumnado do IES Monelos.
O prazo de entrega dos relatos comeza o 1 de febreiro e remata o 28 de abril de 2011, ambos inclusive. Presentaranse no rexistro de entrada do IES Monelos ou enviarase mediante correo ao seguinte enderezo:
IV Certame de Matmonólogos
Departamento de Matemáticas
IES Monelos
Rúa Montes, 62
15009 A Coruña
Vía: Bibliotecas escolares de Galicia
1/2/11
As bibliotecas públicas británicas, en perigo de extinción
| A biblioteca pública da localidade Stony Stradford, foto da páxina Save Stony Stradford Library |
Lendo esta información, púxoseme a mosca detrás da orella: e se un día nos chega aquí a moda esa de pechar bibliotecas? De momento non parece que haxa perigo, pero, por se acaso, e por aquilo que di o refrán castelán de que "más vale prevenir que curar" e máis aquel outro que afirma que "cuando las barbas de tu vecino veas pelar, etc, etc, etc", anímovos a que fagades uso das bibliotecas que tendes á vosa disposición, tanto a do instituto como as do concello de Oleiros, ou as de A Coruña, (precisamente este venres volve a abrirse a do Fórum, logo da súa remodelación). De ningunha maneira, permitamos que esmorezan os nosos "paraísos laicos" por falta de uso.
E para rematar, destaco o conmovedor testemuño de Colin Dexter sobre a importancia que a biblioteca do seu barrio tivo no desenvolvemento da súa formación literaria e o decisivo papel que desenvolveron as bibliotecas públicas en xeral no século XX (o destacado é meu) :
Cuando era niño había tres libros en nuestra casa: El Médico Casero, de 1886, una novela victoriana estilo “Mills & Boon” titulada La primera oración de Jessica, y Cantos y Partituras sagradas de los evangelistas estadounidenses Moody y Sankey. De muchacho, inscribirse en la biblioteca constituía un rito de pasaje, y fue a los 14 años, que es la edad a la que me inscribí en la Biblioteca Stamford de Lincolnshire, cuando empecé a leer todas las 17 novelas de Hardy salvo una. La última la estoy reservando para la vejez. El servicio gratuito de bibliotecas públicas fue una de las mayores conquistas del siglo XX. La literatura abre puertas, y hete aquí a nosotros cerrándolas. Es muy triste, y exige un cambio radical de orientación por parte del gobierno, no sólo por los niños y ancianos que las usan, sino porque tenemos una tradición cultural que proteger. El gobierno habla de poder popular. Pues bien: el pueblo no quiere que se cierren las bibliotecas.Mapa e calendario das protestas publicado en The Guardian
Blog dos bibliotecarios onde se publica a relación das bibliotecas amenazadas: Public Libraries News
30/1/11
Nelson Mandela, campeón da paz
O día 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar pola Paz e a non Violencia. Este ano cae en domingo e non nos vemos, pero o luns aínda chegamos a tempo de poñer en marcha algunha actividade que nos lembre con especial énfase algo que non debemos esquencer en ningún día do ano: a necesidade de convivir armoniosamente con todos, especialmente cos que nos caen mal, con aqueles que non son amigos nosos ou non parecen querernos ben ( cos outros é moi fácil, case non ten mérito). E non atopo mellor exemplo dunha persoa que fixo desa vontade de perdón unha actitude vital que o do líder africano Nelson Mandela, unha das persoas vivas máis admiradas do mundo. E non é para menos. Nelson Mandela pasou 27 anos da súa vida, fixádevos ben, 27 anos, de 1962 a 1990, encerrado nun cárecere en condicións penosas, unha vez que o condenaran a cadena perpetua por pertencer ao Congreso Nacional Africano. Cando saíu, en 1990, e logo catro anos máis tarde, ao se converter en presidente de Suráfrica, Mandela non buscou vengarse dos seus verdugos nin dos responsables directos da terrible política do apartheid que marxinara dun xeito cruel á poboación negra de Suráfrica, senon que mantivo o obxectivo de convertir o seu país nunha democracia interracial. Esa fortaleza de carácter, ese temple, esa disposición ao perdón que mativo Mandela en todo momento non deben de ser nada fáciles de conseguir e menos de contaxiar ao resto da poboación: o apartheid fixera moito dano e as comunidades estaban moi enfrontadas.
Segundo o mesmo Mandela confesou, a soportar as tremendas penalidades do cárcere axudáronlle uns versos do escritor inglés William Ernest Henley. Cópiovolos a continuación e logo comentaremos que aspectos do seu contido poden ser máis "aleccionadores". E a cohesionar as distintas etnias que cohabitaban en Suráfrica axudoulle o constante diálogo cos seus opositores políticos e, mirade por onde, o deporte, concretamente o rugbi, moi popular por aquelas terras. Aínda que hai que dicir que a selección surafricana de rugby era daquela bastante penosa. Todo isto e máis cóntanolo o xornalista John Carlin nun libro titulado El factor humano: Nelson Mandela y el partido que salvó a una nación. Nas bibliotecas municipais de Oleiros (consultade o link permanente neste blogue) hai seis exemplares á vosa disposición (acabo de comprobalo). Pero se queredes unha aproximación máis rápida e emocionante aos feitos que se contan no libro, aconséllovos que vexades Invictus, a película de Clint Eastwood, con Morgan Freeman no papel de Mandela e Matt Damon no de Francois Pienaa, capitán do equipo de rugby surafricano. A película toma o título do poema "de cabeceira" de Nelson Mandela. Lamentablemente non temos o dvd desta película na biblioteca, pero podemos ver algúns clips en youtube. E dicirlle a Violeta que nola merque, claro. Por último, perdonade que a fotografía que adxunto vos estropee o desenlace, pero non me poiden resistir. A que é bonita?
| Nelson Mandela entrega a Copa do Mundo de rugby a Francois Pienaa |
INVICTUS
(fonte: Ojos de papel)Out of the night that covers me,
Black as the Pit from pole to pole,
I thank whatever gods may be
For my unconquerable soul. -
In the fell clutch of circumstance
I have not winced nor cried aloud.
Under the bludgeonings of chance
My head is bloody, but unbowed. -
Beyond this place of wrath and tears
Looms but the horror of the shade,
And yet the menace of the years
Finds, and shall find me, unafraid.
It matters not how strait the gate,
How charged with punishments the scroll,
I am the master of my fate;
I am the captain of my soul.
INVICTUS
Más allá de la noche que me cubre
negra como el abismo insondable,
doy gracias a los dioses que pudieran existir
por mi alma invicta.
En las azarosas garras de las circunstancias
nunca me he lamentado ni he pestañeado.
Sometido a los golpes del destino
mi cabeza está ensangrentada, pero erguida.
Más allá de este lugar de cólera y lágrimas
donde yace el Horror de la Sombra,
la amenaza de los años
me encuentra, y me encontrará, sin miedo.
No importa cuán estrecho sea el portal,
cuán cargada de castigos la sentencia,
soy el amo de mi destino:
soy el capitán de mi alma.
I thank whatever gods may be
For my unconquerable soul. -
In the fell clutch of circumstance
I have not winced nor cried aloud.
Under the bludgeonings of chance
My head is bloody, but unbowed. -
Beyond this place of wrath and tears
Looms but the horror of the shade,
And yet the menace of the years
Finds, and shall find me, unafraid.
It matters not how strait the gate,
How charged with punishments the scroll,
I am the master of my fate;
I am the captain of my soul.
INVICTUS
Más allá de la noche que me cubre
negra como el abismo insondable,
doy gracias a los dioses que pudieran existir
por mi alma invicta.
En las azarosas garras de las circunstancias
nunca me he lamentado ni he pestañeado.
Sometido a los golpes del destino
mi cabeza está ensangrentada, pero erguida.
Más allá de este lugar de cólera y lágrimas
donde yace el Horror de la Sombra,
la amenaza de los años
me encuentra, y me encontrará, sin miedo.
No importa cuán estrecho sea el portal,
cuán cargada de castigos la sentencia,
soy el amo de mi destino:
soy el capitán de mi alma.
27/1/11
A Galicia máis bonita vista por Guillermo González
Seguín o consello de Manuel Gago e abofé que non me arrepentín. Recomendaba este xornalista e director de culturagalega.org un libro dixital de fotografías elaborado por Guillermo González e titulado Galicia, la tierra que abraza el mar. Trátase dunha preciosísima colección de fotografías da costa de Galicia e as súas xentes, "un luxo en línea", como afirma Gago. Eu pásovos a invitación e o link á publicación completa. De nada.
Procedencia da imaxe
Procedencia da imaxe
26/1/11
Roquetas de Mar anímavos a escribir
| John Banville |
Queda dito. Nun próximo post, falareivos do concurso de Coca-Cola, que a escribir e concursar, todo é empezar.
Procedencia da imaxe
24/1/11
As bibliotecas, paraísos laicos
Escribo porque creo en la austera inmortalidad de la palabra escrita y en las bibliotecas como paraísos laicos
Fernando Iwasaki, El País Semanal
20/1/11
Á caza de lecturas
Javier Ruescas, escritor e colaborador da revista El Templo de las Mil Puertas, recomenda no seu blogue El cazador de libros varios títulos que polo visto leu e disfrutou recentemente. De entre eles, selecciono un, o mellor valorado: un 9'5 saca o tal libriño na estimación do escritor. Trátase do libro de Alessandra Clare titulado "Cazadores de sombras: los orígenes". Atendede ao comentario de Ruescas sobre esta obra que vos copio a continuación:
Maravilloso. De la autora sólo había leído el primero de Cazadores de Sombras, pero éste me ha gustado muchísimo más. Creo que a esta historia le pega mucho más la época victoriana y el toque Steampunk que el Urban fantasy. Los personajes, sobre todo Will, me han encantado. Quiero más, más, más...Para máis suxestións de lectura, visitade El cazador de libros.
18/1/11
Aventuras desde un sofá
Os alumnos e alumnas de primeiro de ESO andan estes días a voltas coa novela de aventuras: que se un heroe como protagonista, que se un antagonista que estea á altura, que se unha viaxe, que se acción a punta pala, etc, etc, etc. É inmensa a capacidade que teñen os libros de texto, moitos deles polo menos, de facer aburrido o tema máis apaixoante. Imos botarlles logo unha man desde este blogue á xente de primeiro con dúas suxestións que lles fagan máis lixeira a carga de traballo e, a poder ser, que lles permitan entrar no moi concorrido club dos amantes das novelas de aventuras. A primeira, a presentación que precede estas liñas: amena, completa e co reforzo de imaxes que sempre axuda a fixar na memoria os tantas veces engorrosos contidos.
E a segunda, a que nos vai permitir saber aínda máis, pero moito máis, sobre as novelas de aventuras, é un blogue dedicado de pe a pa a este xénero literario. Chámase novelasdeaventuras.blogspot.com. e ten unha lista exhaustiva de títulos e autores, biografías, portadas das edicións máis populares, links ás obras completas (moitas en inglés) ou primeiros capítulos, vídeoclips de películas baseadas nas novelas comentadas. En fin, que de alí non sairedes sen levar na cabeza polo menos media ducia de títulos para ler urxentemente.
A imaxe pertence ao blogue novelasdeaventuras
13/1/11
Unha de modais en Internet
Todo isto vino en What's new, un blogue que procuro consultar para manterme ao día no que se refire ás aplicacións gratuítas que van aparecendo en Internet. E ao igual que o responsable do citado blogue eu tamén vos aconsello ampliar a información sobre o tema da netiqueta en pantallasamigas.net, ver os vídeos que vos ofrece esta páxina e descargarvos o pdf con todos os bos consellos netiqueteiros.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



