| Procedencia da imaxe |
7/11/12
"Sorgo rojo", de Mo Yan, chega á nosa biblioteca
29/10/12
Mo Yan en boa compañía
Reprodúzovos a continuación unha presa de datos sobre Mo Yan, o Premio Nobel de Literatura 2012 que Marisa Herraiz xuntou mirando aquí e acolá por Internet adiante:
Se queredes saber que escritores en lingua castelá obtiveron o Premio Nobel e curiosear nalgún dos seus títulos máis importantes, na entrada da biblioteca tendes unha pequena exposición ad hoc. Dela son estas fotos que aquí vos deixo.
En realidade, chámase Guan Moye. Mo Yan, é un seudónimo que significa "non fales".
Naceu en Gaoni, Shandong, China, o 17 de febreiro de 1955.
Nas súas novelas apréciase a influencia de García Márquez, Tolstoi e Faulkner.
É coñecido como o Kafka chino.
Tén sete libros traducidos ao castelá, que son os seguintes:
Shifu, harías cualquier cosa por divertirte
Sorgo rojo
La vida y la muerte me están desgastando
Las baladas del ajo
Grandes pechos, amplias caderas
La república del vino
Rana
Se queredes saber que escritores en lingua castelá obtiveron o Premio Nobel e curiosear nalgún dos seus títulos máis importantes, na entrada da biblioteca tendes unha pequena exposición ad hoc. Dela son estas fotos que aquí vos deixo.
"María Casares" le a María Gripe
Os ilustres (está mal que eu o diga, pero aí queda) membros do Club de lectura "María Casares" xuntámonos o pasado venres día 26 do corrente mes de outubro ás doce e cuarto da mañá na chamada sala de titorias coa seguinte orde do día:
- vernos as caras.
- pillar cada un o seu exemplar da obra de María Gripe "Os escaravellos voan á tardiña".
- organizarnos un pouco: cantos capítulos lemos, en que tempo, cando nos volvemos a ver e demais.
- comer unhas pastiñas, que a mañán é longa e os ánimos frouxean.
- rogos e preguntas, se procedese (procedeu).
28/10/12
Conta coa ciencia
| Procedencia da imaxe |
Un breve aviso que teño pendente desde hai unha semana, polo menos. Chéganos noticia da Universidade de Vigo da quinta edición do concurso CQC12 (Ciencia que conta 2012) que premia relatos onde se destaque o papel da ciencia e dos científicos no desenvolvemento económico e de todo tipo. Hai catro categorías: unha na que pode participar todo quisque (por exemplo, eu) e outras tres reservadas ao alumnado: Primaria, Secundaria e Bacharelato. Informádevos na propia páxina do concurso (A ciencia que conta), onde poderedes descargar as bases e consultar os traballos premiados en anos anteriores. A min só me queda dicirvos que o prazo remata o día 16 de novembro e que o primeiro premio de cada categoría é unha "tablet" (non din cal).
O blog de Educabarrié informa sobre CQC12
25/10/12
Viaxa á Idade Media con Manel Cráneo
O noso admirado Manel Cráneo pon a súa mestría de debuxante ao servizo de Torre dos Mouros, o proxecto arqueolóxico que pretende recuperar unha fortificación medieval situada na parroquia de Lira, en Carnota. E faino, como non podía ser doutro xeito, cunha banda deseñada na que recrea a vida e as penurias dos torremoureláns do século X. De momento, non temos á nosa disposición máis que as dúas primeiras páxinas da obra de Cráneo, pero ollo con elas, porque, segundo Manuel Gago (de Capítulo Cero), enganchan "nada máis comezar". Qué nos vai contar a nós, que somos fans de Cráneo de toda a vida.
Para máis información: Capítulo Cero, o blog de Manel Cráneo e a páxina do proxecto arqueolóxico "A Torre dos Mouros".
| Procedencia da imaxe |
15/10/12
Pero quen é Little Nemo?
| Procedencia de la imagen |
La Voz de Galicia: Winsor McCay lleva a Little Nemo al mundo de los sueños de Google
Para ir lendo a María Gripe
Permitídeme que enrede algo contándovos as razóns polas cales escollemos a novela de María Gripe Os escaravellos voan á tardiña como lectura de arranque para un dos clubs de lectura deste curso. Unha desas razóns, pero non a máis importante, é que tiñamos unha pila de exemplares deste libro e iso evítanos chamadas e viaxes a outras bibliotecas. Agora ben, tamén temos cantidade de exemplares doutros títulos e levamos cursos rexeitándoos para os nosos clubs. Parécenos que é importante escoller ben, que hai moitos libros espanta-lectores mozos, incluso aínda que sexan de calidade, e outros que simplemente non paga a pena ler. Ese non é o caso de Os escaravellos voan á tardiña, libro que recordábamos con agrado as responsables da biblioteca que o lemos hai xa anos. E foi precisamente esta "memoria emocional", se é que tal cousa existe, a razón principal pola que seleccionamos este título para o noso club. Porque se algo che gusta queres compartilo, ou non? E logo vén o feito de que María Gripe é unha recoñecidísima escritora de literatura xuvenil, gañadora, entre outros premios, do Hans Christian Andersen (algo así como o Premio Nobel da literatura infantil). Precisamente o o blog das Bibliotecas Escolares de Galicia destacaba nun post aparecido en abril de 2007 a calidade literaria e humana de María Gripe, que acababa de falecer por aquelas datas.
Queda logo claro que María Gripe é unha excelente escritora. Pois ben, Os escaravellos voan á tardiña é a súa obra máis lograda. Co voso permiso, volvo a agarrarme a voces autorizadas que me permitan deixar ben claro que paga a pena ler esta novela. Autoridade indiscutible no que atinxe á literatura infantil e xuvenil, A revista CLIJ publicaba hai anos unha extensa reportaxe sobre a obra de María Gripe na que se subliñaba o carácter universal das obras da escritora sueca, nas que "historias e personaxes non entenden de diferencias culturais, polo que o lector das súas novelas séntese plenamente reflectido nelas e identificado cos seus plantexamentos". Con respecto a Os escaravellos voan á tardiña, CLIJ cóntanos o seguinte:
Primeiro capítulo, en castelán, da obra de María Gripe Los escarabajos vuelan al atardecer
Queda logo claro que María Gripe é unha excelente escritora. Pois ben, Os escaravellos voan á tardiña é a súa obra máis lograda. Co voso permiso, volvo a agarrarme a voces autorizadas que me permitan deixar ben claro que paga a pena ler esta novela. Autoridade indiscutible no que atinxe á literatura infantil e xuvenil, A revista CLIJ publicaba hai anos unha extensa reportaxe sobre a obra de María Gripe na que se subliñaba o carácter universal das obras da escritora sueca, nas que "historias e personaxes non entenden de diferencias culturais, polo que o lector das súas novelas séntese plenamente reflectido nelas e identificado cos seus plantexamentos". Con respecto a Os escaravellos voan á tardiña, CLIJ cóntanos o seguinte:
E para que vaiades comprobando por vós mesmos a exactitude e verdade de todo o antes dito, aconséllovos clicar no seguinte enlace:A partir de 1980, María Gripe se arriesga con un nuevo género por el que siempre se había sentido atraída: la novela de misterio. Con su aproximación a la literatura de suspense, la escritora consigue atraer al sector juvenil, ya que este género es sin duda el más adecuado para despertar en el adolescente el interés por la lectura.A esta época pertenece uno de sus libros más alabados Los escarabajos vuelan al atardecer (1979), que todavía hoy continúa siendo reeditado y ha alcanzado las cuarenta y cuatro ediciones en España. David, Annika y Jonás son tres jóvenes amigos que pasan las vacaciones de verano cuidando las plantas de una misteriosa finca que guarda enigmáticos secretos. A través de la identificación de cada uno de los tres protagonistas con una parte del misterio, el lector se acerca a su mundo interior y descubre sus caracteres y personalidades. Y es que el misterio proporciona en esta ocasión a la autora un pretexto con el que continuar desmenuzando las relaciones humanas, el amor e incluso el papel de la mujer en la sociedad del siglo xix.
Primeiro capítulo, en castelán, da obra de María Gripe Los escarabajos vuelan al atardecer
Etiquetas:
Club de lectura,
María Gripe,
Os escaravellos voan á tardiña
11/10/12
3/10/12
"Plenilunio" na biblioteca
Superados uns pequenos atrancos cos códigos de barras, quedan pousados no seu correspondente andel os dez novos exemplares de Plenilunio, a popular obra de Antonio Muñoz Molina, que a biblioteca mercou para uso de calquera que lle apeteza lela, por suposto, pero sobre todo para uso dos alumnos e alumnas de segundo de bacharelato, que deberán dar conta desta novela nas próximas probas de Selectividade. E para que uns e outros vaian entrando en materia, se o estiman oportuno, déixolleos uns links onde poden ler unha sinopse do libro e as dez primeiras páxinas. E, por que non, tamén coloco aquí o tráiler da película de Imanol Uribe baseada nesta obra de Muñoz Molina.
Sinopsis e ficha de Plenilunio (editorial Alfaguara)
Primeiras páxinas de Plenilunio
Sinopsis e ficha de Plenilunio (editorial Alfaguara)
Primeiras páxinas de Plenilunio
1/10/12
O concello de Dodro premia a poesía inédita e de calidade
| Procedencia da imaxe |
Se tes escrito un mínimo de 500 versos e non sabes que facer con eles, teño unha suxestión para ti. Que tal se os reúnes nun libriño, lles buscas un título xeitoso (seguro que imaxinación non che falta: se xa compuxestes cinco centos versos, argallar un título ten que ser pan comido para ti) e os envías ao concello de Dodro? Digo isto porque o tal concello acaba de convocar, ou eu acábome de enterar, o XXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, co que pretende honrar a memoria do seu ilustre bardo e "contribuír á promoción da poesía galega", segundo din os convocantes do concurso. E, de paso, digo eu, alegraranlle a vida ao poeta (home ou muller, of course) que consiga o substancioso e único premio de 2300 euros e, o que seguro é máis importante para o noso poeta: a publicación da súa obra na editorial Sotelo Blanco. Así que ánimo, alum@s e exalumn@s afeccionad@s á poesía: a concursar e a gañar, se se pode.
Consulta aquí as bases do premio Eusebio Lorenzo Baleirón
Suscribirse a:
Entradas (Atom)