20/3/14

Journée Internationale de la Francophonie – 20 mars 2014


Les élèves de français de 1ºESO B souhaitent une heureuse journée à toute la communauté francophone!!!

20 mars 2014: Journée internationale de la Francophonie

Cortesía de Carme Armental, a profesora de francés, chéganos a invitación a compartir esta preciosa presentación, que nos lembra que hoxe, 20 de marzo, se celebra a "Journée Internationales de la Francophonie". Gracias, Carme, e félicitations!


17/3/14

V edición do concurso de viñetas da Deputación da Coruña

"Dá igual? Igual non dá" é o lema que ten este ano o concurso de viñetas que por quinta vez convoca a deputación da Coruña. Preténdese esta vez que os e as participantes e seguidores de tal concurso nos fixemos na "identificación de desigualdades por razón de xénero no ámbito educativo". Para participar, debedes ter entre 12 e 18 anos e estar dispostas a debuxar unha soa viñeta ou ata seis "cun fío condutor". Os traballos hai que  envialos antes do 8 de abril.


Deixo a continuación as bases do concurso tal como se publicaron no BOP.

Levírtete en Pontevedra do 14 de marzo ao 5 de abril

Acábanos de chegar vía correo electrónico unha invitación que nos piden vos transmitamos a todos vós. Envíanola O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que desde o día 14 deste mes de marzo e ata o 5 de abril nos convida a degustar "un suculento menú cheo de actividades, contos, espectáculos, obradoiros, presentacións, concertos e moito máis". Eu penso ir, e vós?

14/3/14

Inés Rodríguez, do club de lectura, queda finalista no concurso "Questasleyendo"

Fabulosos resultados os obtidos pola representación galega de lectoras blogueras que participaron no concurso Questasleyendo na súa edición de 2013: dos once blogs españois clasificados, 5 son galegos: 4 de Vigo (un deles o gañador) e un de Oleiros, o  de ¡Inés Rodríguez!, veterana do club de lectura do noso instituto. Parabéns a todas e moi especialmente a Inés: encántanos que o seu amor á lectura e ben facer consiga o recoñecemento que se merece.


O blog de Inés Rodríguez: Questoyleyendo

11/3/14

Para ler ciencia ficción


Acabo de ver no twitter da Fundación Cuatrogatos a mención dunha listaxe que titulan Diez clásicos imprescindibles de la literatura de ciencia ficción. Encargáronlle esta relación a Daína Chaviano, autora cubana especializada en literatura fantástica e de ciencia ficción. E vénme que nin pintada esta relación para lla recomendar ipso facto a Brais e Anxo, do club de lectura, que a semana pasada pedíanme precisamente algo así como unha listaxe de títulos de ciencia ficción, un xénero que lles encanta. Pois aquí lles deixo, e vos deixo tamén a vós, improblables lectores e lectoras, a suxestión de Daína Chaviano. Por certo, Brais e Anxo de momento están lendo 1984, de Orwell.

La guerra de los mundos (1898), de H. G. Wells.

Crónicas marcianas (1950), de Ray Bradbury.

Yo, robot (1950), de Isaac Asimov.

El día de los trífidos (1951), de John Wyndham.

Fahrenheit 451 (1953), de Ray Bradbury.

El fin de la infancia (1953), de Arthur C. Clarke.

Más que humano (1953), de Theodore Sturgeon.

Trilogía de Dune (Dune, 1965; El Mesías de Dune; 1969, Hijos de Dune), de Frank Herbert.

La mano izquierda de la oscuridad (1969), de Ursula K. LeGuin.

Pórtico (1977), de Frederik Pohl.

Foto de Alejandra León-Castella

8/3/14

"El hijo del presidente" e "Palabras de caramelo", no Recuncho de Libros Libres

"El hijo del presidente" non é un libro senón unha película de Walt Disney en dvd, pero non nos importa, facémoslle sen problema un sitio no noso recunchiño de libros libres á espera da man amiga que o leve para a súa casa. Acompañando esta obra irá "Palabras de caramelo", este si un libro, escrito por Gonzalo Moure e con ilustracións de Martín Godoy. Copio das cubertas de ámbolos dous títulos unha breve descripción do seu contido.

"El hijo del presidente"
Para algunos, proteger AL HIJO DEL PRESIDENTE de los Estados Unidos sería un honor, pero para el Agente del Servicio Secreto Sam Simms (Simbad) es su peor pesadilla). El joven Luke Davenport (Broca Pierce-Somos los mejores) es capaz de crear un escándalo nacional antes de respetar las normas de seguridad. Aparecer en las primeras páginas de los periódicos o llevar a su mascota, una serpiente, a los actos de estado, son algunas de sus gamberradas. Pero junto a Simms formará una extraña pareja que se convertirá en una auténtica pesadilla para la seguridad de la Primera Familia del país.
 
Procedencia da imaxe


 "Palabras de caramelo"
Kori é un neno de oito anos que só recoñece as palabras nos movementos da boca. Por iso é capaz de saber o que lle di o seu mellor amigo, un pequeno camelo ao que trata de salvar camiño dese deserto co que sempre soñou. Quizais a súa aventura nunca remate, sobre todo pola mensaxe tan especial de Caramelo.

Procedencia da imaxe

7/3/14

Aprender a ser

A consigna que serve de título a este post apareceu nun poster de aires hippis que o artista Peter Max confeccionou no ano 1969 por encargo da American Library Association e do que podedes ver unha imaxe máis abaixo. "Be all you can be. Read", que me permito traducir por "Sé todo o que poidas ser. Le", é un consello que segue tan fresco e vixente hoxe como hai corenta e cinco anos. Logo, que che parece se pasas pola biblioteca e así empezas a inspeccionar outras maneiras de ser que che resulten atractivas ou interesantes?

Procedencia da imaxe
 Vía: Open Culture


6/3/14

O club de lectura lerá "El coleccionista de sellos", de César Mallorquí

Unha presa de integrantes do club de lectura, auténticas devoradoras de libros, escolleron como segunda lectura deste ano o libro de César Mallorquí "El coleccionista de sellos", unha das primeiras novelas deste admirado escritor, publicada no ano 1996 por Ediciones B e volta a publicar no 2012 por Alberto Santos Editor. A esta última edición pertencen os cinco exemplares que levaron para as súas casas Inés Rodríguez, Inés Macías, Irene, Sara e Andrea. Calculo que a  estas alturas as páxinas de "El coleccionista de sellos" estarán xa devoradas ou case case. E estou segura de que lles van aproveitar a todas porque cónstame que dixiren marabillosamente todo o que len.




Procedencia da imaxe

5/3/14

Rosalía pequeniña

Aproveitando unha amable suxestión de Sara López, déixovos neste post un regalo en forma de vídeo que reproduce unha das composicións dun libro disco delicioso. Trátase de Rosalía pequeniña, publicado pola editorial Galaxia e que recolle, segundo as propias palabras da editorial, "un feixe de cancións  para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía."

Gracias, Sara, pola túa suxestión.
            

       
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...