16/2/18

Nicanor Parra, antipoeta

 
      Morreu Nicanor Parra, poeta. Ou, como el decía, "antipoeta".

El hombre imaginario
vive en una mansión imaginaria
rodeada de árboles imaginarios
a la orilla de un río imaginario

De los muros que son imaginarios
penden antiguos cuadros imaginarios
irreparables grietas imaginarias
que representan hechos imaginarios
ocurridos en mundos imaginarios
en lugares y tiempos imaginarios

Todas las tardes imaginarias
sube las escaleras imaginarias
y se asoma al balcón imaginario
a mirar el paisaje imaginario
que consiste en un valle imaginario
circundado de cerros imaginarios

Sombras imaginarias
vienen por el camino imaginario
entonando canciones imaginarias
a la muerte del sol imaginario

Y en las noches de luna imaginaria
sueña con la mujer imaginaria
que le brindó su amor imaginario
vuelve a sentir ese mismo dolor
ese mismo placer imaginario
y vuelve a palpitar
el corazón del hombre imaginario.
   

     Nado nunha aldea de Chile en 1914, chegou a cumprir 103 anos. Unha longa vida para o neno que naceu nunha familia de artistas adicados á recuperación da arte popular (tamén a música é unha das grandes artes), unha vida bohemia, as veces afondada na pobreza.
     Dende neno escribiu versos, influído por Shakespeare e o seu príncipe Hamlet, mais tamén polo Modernismo vixente nesa parte do mundo. De certo, nesta vida tan longa atopamos toda a literatura do século XX que estudamos no instituto: Modernismo, Vangardas, 27...
     Para asegurarse un futuro, fíxose profesor, xa que estudara Matemáticas e Física na universidade. 
     Pronto comezou a deixarse seducir polas vangardas, especialmente polo Dadaísmo (a palabra é a base do xogo no que devén a poesía)

     O seu primeiro libro de poemas, Cancionero sin nombre, foi publicado en 1937, con clarísima influencia de Federico García Lorca.
     Estudou en Estados Unidos un curso de posgrado e tamén fixo estadías en Oxford onde ficaría case catro anos, alí casou e comezou a indagar na psicoanálise.
     En 1954 publica Poemas e antipoemas, en versos libres.

     En Versos de salón define a súa poética en "La montaña rusa": (tede en conta que todos os versos comezan con maiúscula)
 
         
     
     
     En 1963, deixou estas palabras en Manifiesto:
         
          "Para nuestros mayores
          La poesía fue un objeto de lujo
          Pero para nosotros
          Es un artículo de primera necesidad:
          No podemos vivir sin poesía."
   
     Despois de 1973, coa dictadura de Pinochet en Chile, a figura de Nicanor Parra quedou afastada da primera liña por mor da súa ideoloxía. Coa volta da democracia foi recoñecido o seu nome en todas partes e chegaron os premios nacionais e internacionais, mesmo foi un candidato eterno ao Premio Nobel de Literatura...

     No final do século XX e no comezo do XXI deixou mostra da súa irreverencia e da súa orixinalidade colaborando con Joan Brossa nunha exposición de poesía visual memorable, estivo máis dedicado á arte total, mestura de artes plásticas e de poesía.
   
       Déixovos como colofón un antipoema de 2006 (de Discursos de sobremesa):
 
          "XVII
          RESUMEN DE LA MATERIA TRATADA HASTA AQUÍ
   
         Cervantes
         un principiante que promete mucho
         Shakespeare
         un jovencito que dará que hablar."




   

   

5/2/18

El árbol de las mentiras, de Frances Hardinge

  
procedencia: The Guardian


 Frances Hardinge é unha novelista inglesa que se deu a coñecer con Fly by Night. De nena viviu nunha casa enorme, vella e solitaria, aillada no cumio dun outeiro onde a paisaxe e os oubeos que trae o vento inspiraron as súas primeiras historias.


     Con El árbol de las mentiras crea unha historia de misterio e de medo (só un pouco) na que a protagonista, Faith, intenta descubrir a verdade que envolve a morte do seu pai. El foi un naturalista que apareceu morto en extrañas circuntancias... A xente da aldea di que foi un suicidio.

     O máis raro deste libro é que hai unha árbore que se alimenta de mentiras, as que a xente lle susurra, e da como froitos os secretos ocultos que non sempre poden ser revelados... De aí o título tan extraño. É a árbore favorita do seu pai, a que coñece todos os seus secretos e, probablemente, o que está agachado detrás da súa morte...

Procedencia: Editorial Bambú
     Inclúe unha cita ao principio (a edición é en castelán, con tradución de R. Vilagrassa) moi interesante:
"A mi padre, por la sabiduría silenciosa y por la integridad, y por haberme respetado como adulta desde mucho antes de que lo fuera."

     A edición desta novela inclúe ilustracións feitas por Chris Riddell, escritor e humorista gráfico que colabora no The Observer e nas novelas de Neil Gaiman (El libro del cementerio...). Desde último falaremos noutro post xa que o está proposto no Club de Lectura de 2º de ESO.

Procedencia: thebookpeople.co.uk

29/1/18

Club de Lectura BAC

     Lorena e Xabier, profesores de Galego e promotores do Club de Lectura de Bacharelato nos informan da boa marcha do grupo e das actividades deste novo ano. Cóntannos o seguinte:

    "Empezamos o ano ampliando a nosa lectura de Unha lectora fóra do común de Alan Bennett, editado por Rinoceronte.




     Grazas ás investigacións do club, puidemos coñecer datos curiosos e chamativos de moitas das persoas, libros ou situacións ás que se fai referencia na novela. Así soubemos, por exemplo, que Jean  Genet tivo unha infancia moi difícil e que pasou a adolescencia en prisións xuvenís, todo iso antes de converterse nun autor de renome."
     
     Sobre Jean Genet, escritor heterodoxo e maldito como poucos podedes atopar información nesta ligazón:

     "Tamén soubemos quen se escondía detrás do pseudónimo de George Elliot, [unha importante escritora dun tempo no que as mulleres non adoitaban escribir:  Mary Ann Evans, a autora de Silas Marner, obra que tedes lido en Inglés, https://es.wikipedia.org/wiki/George_Eliot] e falamos de grandes obras, e autoras e autores da literatura de todos os tempos que foran mencionados pola raíña ou polo seu axudante literario, Norman.



Así mesmo, comezamos xa a ler O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila, novela coa que a súa autora acadou interesantes premios, como o "Premio  de Narrativa Repsol" ou o "Premio Guillermo de Baskerville". Lemos en voz alta as primeiras páxinas, todas e todos xuntos, achegándonos por vez primeira a unha personaje, Emma, que se intúe fascinante.



     Así pois, o 2918 comeza con esa misteriosa historia que Emma Olsen no  podía escribir noutro lugar que non fose a súa vila natal, Faith.
     Deixámosvos un anaquiño para ir abrindo boca:

                 "Creo que foi o comezo de todo. Polo menos de todo o que pode contarse, non porque queira calar nada, non é esa a miña intención agora, senón porque acontece ás veces que non pode explicarse exactamente como comeza unha historia porque non se sabe que se está no principio dalgo até que xa hai moito tempo que comezou, e fica tan lonxe a primeira  semente que é imposible lembrala, recrear a súa forma: a semente tal e como era xa non  existe  nin vai volver existir." (páxs. 15-16)"

     Dende logo parece unha obra interesante, promete! Xa nos irán contando como segue e, o mellor, como remata esta historia de Berta Dávila.
     A autora naceu en Santiago de Compostela hai 30 anos e comezou a escribir dende moi nova poesía e novela. Ten un fermoso blog onde publica os seus textos: confabulario novo

15/1/18

Maravillas

     
Portada, imaxe de La Casa del Libro

         Comenzamos o 2018 cunha obra de actualidade cinematográfica: Maravillas de Brian Selznick.
      Este libro leva xa un tempo con nós, na biblioteca, e algúns xa o coñecedes dabondo, foi publicado en 2011 mais non cabe duda, é unha película que está de estrea agora a que o puxo na prensa e na televisión: El Museo de las Maravillas.





     Brian Selznick escribiu unha novela que pasea por dous mundos: Ben Wilson vive nun pobo de Minnesota, en 1971, busca ao seu pai, un capítulo da súa vida que bota en falta. (O Museu de Historia Natural de New York ten unha importancia peculiar na obra). 


     Rose vive en Nueva Jersey, é xorda e non soporta o mundo do internado onde a súa nai, unha famosísima actriz, a deixou abandoada.    

Ilustración da edición de Maravillas en SM


   

      Maravillas non é unha novela normal, hai unha historia narrada verbalmente (a historia de Ben), e outra historia narrada con imaxes. As máis de 460 ilustracións contan a vida de Rose. Ao final as palabras e as imaxes acabarán xuntándose nunha mesma historia de dous tempos e un só lugar.


procedencia da imaxe: Pinterest

O autor é coñecido xa pola primeira obra que lestes hai anos: La invención de Hugo Cabret, tan ben levada ao cine por Martin Scorsese. Nesta primeira historia a novela gráfica nos leva ao mundo de Hugo un rapaz orfo que vivía oculto na estación de Orsay en París. Grazas a unha rapaza coñecería ao gran inventor Georges Mélies, pioneiro do cinematógrafo.

cartel da película
portada da novela de La Casa del Libro
A novela por dentro. Procedencia da imaxe: todocoleccion.ner
   

19/12/17

Concurso de postais de Nadal


O concurso de postais de Nadal xa ten ganadora! A alumna de 1º de Bacharelato B, Marta Ferreira.

A orixinalidade da proposta foi o que decidiu ao xurado:


A segunda clasificada foi Nora Khidroun Meléndrez, de 1º de ESO A cun gusto exquisito e un tratamento das cores moi vangardista:


Houbo un nivel moi elevado nas felicitacións, como podedes ver nesta escolma:




 Grazas a todos por participar e as profesoras de Educación Plástica e Visual por adicarlle tanto tempo e esforzo á iniciativa da Biblioteca. 
Bó Nadal a todos!

1/12/17

Club de Lectura de Bacharelato

     Arrancaron xa as reunións do Club de Lectura de Bacharelato dirixido por Xabier e Lorena. A obra que escolleron é unha novela curta de Alan Bennet, Unha lectora fora do común. 






     A historia recolle como, despois de que os cans da raíña Isabel escaparan e chegaran ata a porta da cociña;  prodúcese un curioso encontro entre un bibliotecario (Hutchings, quen conduce un autobús- biblioteca móbil do concello de Westminster) e a propia raíña de Inglaterra.


"-Ah. Ten moito tempo para ler?
  -Non moito, señora.
  -O mesmo me pasa a min. Aínda que xa que estou aquí supoño que terei que coller un libro prestado.
     O señor Hutchings sorriu, obsequioso.
  -Recomendaríame algunha cousa?
  -Que lle gusta á Súa Maxestade?
     A raíña vacilou, pois a dicir verdade non estaba segura. Nunca mostrara moito interese pola lectura. Lía, naturalmente, como todo o mundo, pero o gusto polos libros era algo que deixaba para os demais. Era unha afección, e a natureza do seu traballo implicaba non ter afeccións." (páx. 9)

     


     


     Dende o primeiro día, a raíña comeza a interesarse pola literatura e vaise facendo a levar emprestado un libro cada mércores, é o día que a biblioteca ambulante do concello pasa polo Palacio de Westminster. As cousas irán tomando un camiño peculiar... E non digo máis!


20/11/17

Novas adquisicións do mundo do cómic

   





     Temos novidades do mundo do cómic.
     La vida es buena si no te rindes, de Seth, foi considerado un dos "100 mellores cómics do século XX".
Trátase dunha historia que naceu en 1993, o autor ía compoñendo as viñetas e entregando nos seus cadernos de cómics, titulados Palookaville, durante anos. Rematou a historia en 1996 e, entonces, decidiu convertila nunha novela gráfica, así a temos agora publicada, como libro. Afonda o protagonista na procura de antigos autores de viñetas, especialmente do seu admirado Kalo, e acaba atopando sorpresas moi interesantes.


  Como viaja el agua, título poético, é unha historia de Díaz Canales, quen estivo no recente festival do cómic coruñés, "Viñetas dende o Atlántico". Narra unha durísima historia: un grupo de homes xubilados organízase moi mal para chegar a fin de mes e para axudar aos seus nesta época de crise económica. Estes homes retirados dos seus traballos non están retirados da vida e loitan polos seus dereitos e por axudar aos que non teñen nada. Organízanse para roubar (como Robin Hood) e despois vender o material a baixo prezo... É evidente que esta historia non ten un final feliz...



 
     Díaz Canales é tamén o autor da serie BlackSad, (xunto con Guarnido), que tedes na Biblioteca á vosa disposición.

     E por último, volve Astérix! Aínda que Goscinny e Uderzo xa non están con nós, a serie de cómics dos galos máis teimudos do mundo continúa a súa andaina polas librerías e vai ampliando a colección. Nesta nova edición os galos dan unha volta por Italia. O verdadeiro protagonista é Obélix, quen merca un carro para participar nunha delirante carreira pola xeografía da Península Itálica.

31/10/17

Tempo de difuntos

   





  Neste outono que non é chega o momento dos difuntos. A celebración milenaria do Samaín a que estamos habituados, coas castañas, a visita aos cemiterios, as flores, os contos de medo... , estase vindo substituída dende hai casi  trinta anos por Halloween, unha festa anglo do 31 outubro que é, sobre todo, unha festa de disfraces... Os que non teñen Antroido teñen que mudar de careta noutro tempo do ano.
     Na Biblioteca aproveitamos para disfrazar o mobiliario con referentes culturais: temos o corvo de de Edgar Allan Poe ("Nevermore, nevermore..."),


os morcegos (típicos animais nocturnos, de covas, de contos de terror e de cemiterios),


os esqueletos, as cabazas valeiras e personificadas con ollos e bocas,




 as fantasmas, os raños (tremendo raño temos a carón da mesa!),







     Mais tamén temos libros, moitos libros, de medo, de terror, algúns moi simpáticos:




outros, verdadeiramente arrepiantes:




20/10/17

Día Europeo das Linguas

     

  


     O día 26 de setembro toda Europa celebrou o Día Europeo das Linguas. Dende Bruselas, a Unión Europea quere homenaxear a diversidade lingüística pola riqueza cultural que representa.
     No Instituto, nos cursos de 1º de ESO, traballamos coas palabras, os saúdos, noutras linguas. Algunhas tan alonxadas de nós que non sabiades nin que existían.
      Hai que aprender, hai que saber que no noso continente europeo temos unhas 200 linguas diferentes e  todas, todas, son igual de importantes porque representan ás persoas, aos pobos, ás historias vividas dende hai moitos séculos.
     Os saúdos nas diferentes linguas ocupan a nosa árbore.















     Tamén os puxéstedes nos paneis da entrada, cheos de cores e de diversidade.

   





Ata temos un en braille!
Grazas a todos pola colaboración!

17/10/17

De volta

     Benvidos ao novo curso. Como podedes ver, no verán fixemos algúns cambios.
     Xusto á entrada do instituto "plantamos" a árbore da literatura. É unha doazón do Departamento de Matemáticas, xa sabedes que Consuelo Castro dinamiza a aprendizaxe das mates con concursos e olimpiadas nas que, polo de agora, recibides premios. Parabéns!
     Nas ramas hai sempre papeis que recordarán libros, que nos darán palabras ou versos e que este mes están ocupados por saúdos en todas as linguas que nos cabían.



Xa dentro da sá de lectura hai novos postos, oito en total, con conexión a internet, con ordenadores novos.





Tamén sacamos a mesa da entrada e puxemos as novidades en vertical, xa sabedes que podedes pedilas ao profesor encargado dos empréstitos nos recreos e levar para casa ata 15 días o material que vos resulte interesante. Xa incluímos as novelas do premio Nobel deste ano: Kazuo Ishiguro.



Esa mesa que sacamos ao corredor, a carón da entrada da Biblioteca serve para anunciar actividades, novidades e efemérides varias. Estade atentos!


)
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...