14/4/11

Clubs de lectura: por África e arredor do mundo

Procedencia de la imaxe

Os clubs de lectura van vento en popa. Non podía ser doutra maneira tendo en conta que dispoñen dunha tripulación de primeira: rapaces e rapazas curtidos na arte de navegar as páxinas dos libros, que saben manter firme o rumbo da lectura sen perder nunca de vista por onde e cara onde van. Así que repito: tripulación de primeira. E digo máis: e de primeiro. Porque son dous grupos, un de primeiro de bacharelato e o outro de primeiro de ESO os que se alistaron para viaxar, literariamente esta vez, con Javier Reverte e Xulio Verne, nada menos. Reverte leva aos maiores a percorrer o continente africano polas páxinas do seu Vagabundo en África.O grupo de ESO, pola súa banda, meteuse de cheo en A volta ao mundo en 80 días na compaña de Phileas Fogg e a súa tropa. Sei de boa tinta que están estes dias facendo a travesía Hong Kong - Xapón. Teredes máis novas súas á volta das vacacións.

Procedencia da imaxe

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...