5/4/11

Volve Jane Eyre




"Hay libros, aquellos que se leen en un momento crucial de la vida, que sacan de nosotros nuestro mejor yo, o que nos ayudan a reconocer lo que somos y no lo que los demás quieren que seamos". A cita é de Elvira Lindo e está sacada do artigo que esta escritora publicou o domingo pasado no xornal El País a propósito da impresión que lle causou, sendo aínda unha nena de doce ou trece anos, a lectura de Jane Eyre, a xenial novela da  escritora inglesa Charlotte Brontë. A  protagonista desta obra é primeiro unha nena maltratada e despreciada que, cito a Elvira Lindo, "consegue manter a dignidade e o desexo de actuar segundo a súa conciencia". Logo convértese nunha muller apaixoada, valente e decidida que se enfronta a unha sociedade hostil, nada inclinada a respetar e ter en consideración ás mulleres, por moi listas que fosen, case poderiamos dicir que especialmente se eran listas. Di Elvira Lindo: "Me pregunto cuántas veces en la vida una mujer se ve forzada a ser Jane Eyre, a defenderse del atropello, de la falta de respeto, de la condescendencia, y cuánto hay que agradecerle su ejemplo de valentía y arrojo, aun cuando la realidad está en su contra desde el nacimiento". Remata a escritora gaditana invitando aos homes da súa xeneración, que se cadra non leron Jane Eyre por considerala "literatura de mulleres" a que se atrevan agora a lela. Eu, que  comparto de pe a pa o entusiasmo de Elvira Lindo por Jane Eyre, permítome invitarvos tamén a tod@s vós a que leades esta obra, se aínda non o fixestes. E, por que non, a que esteades atentos ao estreno por estas terras da nova versión cinematográfica da obra de Brontë: paréceme tamén moi atractiva. Déixovos o tráiler (en inglés) para que vos fagades unha idea.



Artigo completo: La mujer valiente, por Elvira Lindo

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...