30/1/13

Liberamos "El dios de las pequeñas cosas" e "La sombra del águila"

Hoxe tócalles a dous autores best seller, Pérez Reverte e Arundhati Roy, encher o oco deixado por Becas flacas e King no noso recuncho de libros libres. Se te pasas por alí, verás (e poderás coller "para ti, para sempre" que diciamos algunhas nenas no meu pobo aló no século pasado ) cadanseus títulos destes autores: De Pérez Reverte liberamos unha  obriña titulada La sombra del águila que se publicou no xornal El País en agosto de 1993 e que, segundo consta na páxina web do escritor, "desvela una descarnada y  mordaz visión de la guerra y la condición humana." Compre dicir que daquela, no 93, Pérez Reverte traballaba como reporteiro na guerra de Bosnia. Para máis detalles do argumento desta noveliña, clica no título ou na imaxe que poño a continuación.



De Arundhati Roy, sobra dicir que liberamos o seu famosísimo libro "El dios de las pequeñas cosas" (The God of Small Things, 1997), título co esta autora india  gañou o Premio Booker en 1997 e do que se fixeron unha chea de traducións en todo o mundo. A novela arranca coa morte dunha nena que se afoga nun río e segue (a novela, non a nena, pobriña) enredándonos na vida de tres familias do estado indio de Kerala. Se isto que che digo non acaba de convencerte para que leas El dios de las pequeñas cosas, proba a consultar a reseña de  Lecturalia, por exemplo.












No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...