Os libros que vimos deixando no cornecho que titulamos "
Libros libres" (na entrada do salón de actos, á dereita) fan o que se espera que fagan: voar case de inmediato. No primeiro trimestre foron 8 os libros liberados e queremos que neste outro que agora empeza sexan moitos máis. De momento temos libros en relativa abundancia para liberalos e propiciar o seu encontro cos lectores. Agora ben, viríanos de marabilla que colaborásedes con nós traendo aqueles exemplares que xa lerades e que non vos interese conservar. Lembrade que o
trasteiro non é un bo sitio para os libros, que amofan, que marelean, que quedan feitos unha peniña, vaia, por tanto illamento e tanto olvido.
Remato deixándovos cos dous títulos que veño de liberar hoxe:
Becas flacas, divertidísima novela de
Tom Sharpe e
King, una historia de la calle, do pintor e escritor
John Berger.
No hay comentarios:
Publicar un comentario