Karin Hueck e Rafael Quick, ambos deseñadores gráficos da revista brasileña de cultura e ciencia Superinteressante, elaboraron a infografía que vedes a continuación. Nela recollen algunhas "regras de ouro" para contar contos con gancho, exemplificadas no relato "O patiño feo". Hueck e Quick inspiráronse nunha charla de TED TALKS impartida por un auténtico experto en contar historias que atraen a multitudes: Andrew Stanton, guionista de Pixar e autor ou coautor de relatos tan exitosos como Wall-e, Buscando a Nemo ou Toy story.

Incrusto aquí o vídeo da charla de Andrew Stanton con subtítulos en español (ofrécennos outros 27 idiomas para escoller, pero, desafortunadamente, ningún é o galego)
Andrew Stanton: The clues to a great story en TED Blog
No hay comentarios:
Publicar un comentario