6/6/14

"Divergente" e "Insurgente" chegan á biblioteca

Respondendo a unha petición unánime do club de lectura, incorporamos aos nosos fondos os dous primeiros títulos da famosa saga de Verónica Roth  Divergente e Insurgente. En camiño están outros dous exemplares destes títulos e un de Leal, o  que nos queda para completar o trío de ases da escritora norteamericana.

En Página Dos, o programa de libros de TV2 podedes contemplar un vídeo con entevistas aos actores e director da versión cinematográfica de Divergente  así como o tráiler en castelán da cinta. Eu intentei incrustar o tal vídeo neste blog pero nin por esas. Menos mal que sempre nos queda youtube como fonte case inesgotable de tráilers diversos. 

            

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...