23/6/14

O Club de Lectura despídese con festa

Non estabamos todas (nin todos) as que somos pero as  ausencias estaban ben xustificadas: dúas  actividades extraescolares, unha delas en Alemaña, nada menos. En fin, Sara Cotelo insistiu en que eu tamén posara para as fotos de despedida e aí estamos todas e todos, que se di agora, no remate da festa que celebramos o pasado día 19 no segundo recreo. Esta vez case non tivemos tempo nin xeito de   falar de libros (xa sabedes: 20 minutos non dan para moito e falar coa boca chea non está ben visto)  pero penso que a todos nos quedou clara unha cousa:  o próximo curso volveremos e retomaremos a nosa xa longa conversa sobre libros e autores. Ata ese momento, o club de lectura deséxavos a todas e todos  improbables lectores deste blog un feliz verán. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...