![]() |
Procedencia da imaxe |
O pasado 5 de xuño recibiamos a boa nova de que unha alumna de 2º de ESO do noso instituto, Nuria Mexuto Bautista, acababa de recibir nada menos que o primeiro premio do concurso de relatos que convocara o Instituto Oceanográfico de Vigo para conmemorar o centenario do Instituto Español de Oceanografía. Nuria conseguiu tan honrosa posición na categoría xuvenil, modalidade relato, cun conto titulado "O espello da vida". A listaxe dos demais premiados podedes vela premendo neste link. A nós só nos queda darlle os nosos parabéns a Nuria, cousa que facemos de todo corazón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario