19/12/14

Onde mellor que "á calor dos libros"?

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20605.pdf


Clicando na imaxe iredes dereitos cara a guía do Nadal das bibliotecas municipais de Oleiros: 66 libros e dvd que están á vosa disposición nas distintas bibliotecas do concello. O persoal responsable das bibliotecas de Oleiros, que confeccionou esta guía, afirma no seu blog que a súa proposta de lecturas para o Nadal constitúe "unha escolla de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos, intereses, preferencias e idades. Bos libros e películas para gozar e compartir".
Excelentes suxestións as desta guía, que teñen a avantaxe de estar moi cerquiña de todos vós, á volta da esquina (e por 0 euros).

Pero se sodes do tipo tiquismiquis e precisades explorar e remexer títulos e títulos antes de quedarvos cunha opción, neste enlace  do  blog das Bibliotecas Escolares de Galicia atoparedes máis, moitas máis suxestións
Libros, música, cine... en tempos fríos.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...