18/12/14

Polo dereito dos nenos e nenas de todo o mundo a educarse en paz

Procedencia da imaxe
  
Ante o atentado a unha escola de Peshawar, en Pakistán, que tivo como consecuencia 142 persoas mortas, 132 delas nenos e adolescentes, os profesores e profesoras do IES María Casares queremos amosar a nosa solidariedade cos alumnos, pais e nais e con todo o persoal do centro de Peshawar. Compartimos o seu sufrimento polo brutal atentado contra a vida, a inocencia, a liberdade, a educación, o coidado, o futuro, a esperanza, a alegría. Un atentado perpetrado por aqueles que deixaron as aulas, a biblioteca, o salón de actos, a escola enteira, che de cadáveres, berros de dor, sangue, destrución, balas, granadas, desesperación e silencio aterrado.
A barbarie destes actos non ten xustificación algunha. Os terroristas irrompen coa destrución salvaxe e deixan a mudez horrorizada porque a lingua non ten palabras. Por iso berramos co silencio o noso noxo ante o sinsentido desta nova masacre de inocentes e esiximos a quen corresponda que adopte as medidas precisas para que os nenos e nenas de calquera credo, de calquera calquera orixe social ou xeográfica, poidan medrar e educarse en paz.

Procedencia da imaxe: BBC


A noticia do atentado no xornal El País
Al menos 132 escolares muertos en un ataque talibán en Pakistán

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...