![]() |
Procedencia da imaxe |
A continuación reprodúzovos o texto que acompaña á exposición, onde facemos un breve repaso da vida e obra deste xenial humorista arxentino.
QUINOJoaquín Salvador Lavado Tejón, nado en Guaymallén, Arxentina, en 1932, enterouse de que se chamaba Joaquín cando a súa nai foi matriculalo na escola e sentiu que o falaban del con ese nome… (!)Estudou Belas Artes e pronto comezou a súa carreira como debuxante gráfico, as súas tiras cómicas aparecían en anuncios publicitarios e en xornais, pero non lle foi fácil atopar traballo fixo. Colaborou con moitos xornais e revistas satíricas ata que chegou a tranquilidade económica, xa nos anos 60.En 1963, a fábrica de electrodomésticos Mansfield contratouno para unha campaña publicitaria, Quino creou a súa famosa Mafalda (tiña que empezar pola M- da Mansfield), unha nena preocupada pola política mundial, polo absurdo da condición humana e moi crítica coa estupidez. Curiosamente, nunca foi empregada en publicidade, non gustou (!)Mafalda e os seus amigos (Guille, Felipe…) viron a luz en xornais de Bos Aires dende 1964 ata 1967. En 1971 chegou a España e dende aquí a toda Europa.De seguido foi adaptada a debuxos animados para cine e tv.A despedida de Mafalda chegou no 1973 pero segue sendo un símbolo na loita polos dereitos humanos.Mafalda é pesimista, ácida e irreverente na súa inocencia, pero ten sempre un fondo tenro, é unha humanista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario