10/2/14

O programa Prensa Escuela, de La Voz de Galicia, convoca o concurso "Mejor periodista infantil y juvenil del 2014"

Procedencia da imaxe
   
Hoxe teño o gusto de vos presentar un certame no que alumnos e alumnas deste centro obtiveron premios en tres convocatorias precedentes. Trátase do concurso "Mejor periodista infantil y juvenil" que cada ano convoca La Voz de Galicia. Como en convocatorias anteriores, este ano ofrécese a posibilidade de participar en dúas categorías, que dependen do nivel educativo no que estea o concursante: infantil (para alumnado de infantil e primaria) e xuvenil (para alumnado de ESO, bacharelato e formación profesional). O  prazo para a presentación de traballos remata 30 de abril de 2014. A continuación, cópiovos a información da categoría xuvenil:

CATEGORÍA MEJOR PERIODISTA JUVENIL
Participantes: Alumnos de ESO, bachillerato y formación.
Modalidades: Los alumnos de ESO podrán participar en la modalidad de entrevista. Los alumnos de bachillerato y FP participarán en la modalidad de artículo.
Pautas para los alumnos de ESO. Los participantes realizarán un trabajo original, de forma individual, que deberá consistir en una entrevista a una persona que el alumno considere de interés.
Constará, como mínimo, de ocho preguntas e irá acompañada de una fotografía y del perfil del entrevistado.
Pautas para los alumnos de bachillerato y FP. Los participantes realizarán un trabajo original, de forma individual, que deberá consistir en la redacción de un artículo periodístico sobre un tema de
libre elección.

Na páxina dos Concursos de Prensa Escuela podedes descargar as bases do concurso e as maquetas da entrevista e do artigo de opinión.
  

7/2/14

De qué serve ser amante da lectura, segundo o Huffington Post

O Huffington Post  enumera nun artigo recente 16 vantaxes de ser amantes da lectura. A maioría destas vantaxes xa as coñeciamos: que se podes viaxar a calquera parte do mundo, do pasado e do presente; que se podes experimentar outras vidas distintas da túa; que se non te aburres nunca, etc, etc, etc. Afirmacións deste tipo referidas ás múltiples bondades da lectura xa as  ouvíramos máis veces e incluso  temos publicado algunhas delas  neste blog en forma de citas erudita "entrecomilladas" e solemnes. Pero como nos gusta tanto escoitar ou ler estas verdades, e  repetilas (e ademais temos un blog, conta en twitter e conta en facebook), pois imos e proclamámolas por tódolos cornechos da dixital esfera. Un pequena mostra a continuación e o artigo completo despois da imaxe. 

 Nunca estás aburrido. ¿Transporte público? Coges un libro. ¿Sala de espera en el médico? Coges un libro. ¿Tus amigos te ignoran porque “nunca sales” y “siempre estás muy ocupado leyendo”? Puedes imaginarte la respuesta: coges un libro.
2. Tienes un sistema bien definido para filtrar a tus citas, aunque también puede ser un inconveniente... La frase "no me gusta leer" es una sentencia de muerte para cualquier relación, a pesar de que todo lo demás vaya bien.
3. Mientras todo el mundo se limita a vivir una vida (probablemente aburrida), tú experimentas cientos de ellas y tienes acceso a la conciencia de miles de personas. Es como la telepatía, pero mejor.
4. Aprendes al mismo tiempo que te ejercitas. Y con ejercicio, nos referimos a sostener un libro en la cama. Tus brazos adquieren una fuerza impresionante.

Procedencia da imaxe

4/2/14

"La ventajas de ser un marginado": o tráiler da película

Pensabamos colocalo nunha entrada anterior pero fóisenos o santo ao ceo. Referímonos ao tráiler da película "Las ventajas de ser un marginado", baseada no libro do mesmo título que comentaba Inés Varela na xa mencionada entrada. Aquí o tendes en todo o seu esplendor:

      

VI Concurso de BD

Xa está convocado o VI Concurso de Banda Deseñada que tódolos anos, desde hai seis, organiza a biblioteca do instituto O Perdouro, de Burela, e que acompaña a celebración dos Encontros de Banda Deseñada na Mariña.

Vede no seguinte link as bases do concurso e nas imaxes o magnífico traballo premiado o ano pasado na categoría escolar de ata 18 anos. É obra de Sara Palomino Arnanz e Myriam López Otero.





Procedencia das imaxes

Vía: Hora de ler

31/1/14

XXXII Certamen literario de Roquetas de Mar

A xefa do departamento de Lingua Castelá do IES Sabinar envíanos un correo electrónico no que moi amablemente nos informa de que teñen convocado o "XXXII Certamen literario Roquetas de Mar" e pídenos que vos avisemos para que vos poñades en marcha e vos animedes a participar. Tendes que ter entre 14 e 20 anos e estar matriculados nun centro educativo. Como en anos anteriores, o certame ofrécevos dúas opcións: poesía ou relato. O prazo para entrega dos traballos remata o 31 de marzo. Déixovos a continuación o vínculo ás bases e o ofrézovos, como vén sendo habitual nestes casos, a colaboración do equipo da biblioteca aos e ás que queirades participar.

Bases do "XXXII Certamen Literario Roquetas de Mar"
https://drive.google.com/file/d/0B3l-QhxmNmVWRUtjUVZsNmJaU0k/edit?usp=sharing

30/1/14

Inés Varela, de 4º B, recomenda "Las ventajas de ser un marginado"

 Inés Varela Sixto envíanos por correo electrónico esta recomendación de lectura que agora compartimos con vós.
 

Las ventajas de ser un marginado, de Stephen Chbosky.

Un niño de 15 años que se llama Charlie sufrió mucho tras la pérdida de su mejor amigo, que se suicidó. Además, en casa, su hermana es la popular del instituto y su hermano está triunfando en el mundo del fútbol americano. Un día Charlie conoce a Sam y Patrick y se enamora perdidamente de Sam. Empieza a experimentar la vida de un adolescente y le ocurren cosas y situaciones nuevas. Y los tres van en busca una canción perfecta. Al mismo tiempo, la historia de la muerte de su tía favorita, Helen, da un giro inesperado a la vida de este joven.

Baseándose nesta obra, en Hollywood fixeron unha película co mesmo título que obtivo boas críticas de expertos e público en xeral, e un cantos premios.






27/1/14

"La biblioteca recomienda"

Teño o gusto de vos presentar hoxe un "escaparate virtual de libros para todos os públicos" ao que esta biblioteca se apuntou hai xa un tempo. Chámase La biblioteca recomienda e anúnciase como "punto de encontro para mediadores da lectura, bibliotecarios e docentes". Está en Pinterest, a onde de vez en cando nos asomamos para ver e que nos vexan, e conta con 23 taboleiros con recomendacións lectoras divididas por idades, xéneros, soportes, etc. Moi recomendable.
http://www.pinterest.com/bpcuenca/

24/1/14

10º concurso de fotografía Xurxo Lobato 2014

Se o teu é mais ben a imaxe e a súa maxia, que tamén a ten ( aínda que por estes pago mólannos máis as palabras), temos un concurso para ti. Concretamente, e agora mesmo,   podes participar no Xurxo Lobato de fotografía, que vai pola décima edición e que no pasado premiou traballos de alumnas deste centro. Eu vin a noticia deste concurso na páxina web do centro, sección "eventos" e alí vos remito para máis información. E máis no Facebook do concurso. Con todo isto e coas bases que podes ver a continuación, non che queda máis que pillar a cámara e poñerte en acción.


Premios "Minerva" 2014: concursa, que algo queda

O colexio Peleteiro, de Santiago, convoca os premios literarios Minerva 2014. Así que se tes menos de vinte anos, estudas 3º ou 4º de ESO, ou bacharelato, podes poñerte en marcha, agarrar lápis e papel e aparellar seis folios como máximo de narración, ou tres poemas, todo ilo de tema libre. Logo, mandas os froitos da túa inspiración á dirección que figura nas bases antes do 14 de marzo. E non digo máis porque non fai falla, que para iso están as bases, por un lado, e, por outro, a web do centro Peleteiro promotor do concurso. Por certo, de aí saquei a imaxe.



20/1/14

"Harry Potter and The prisoner of Azkaban" e "O cero escuro,de An Alfaya" no Recuncho de Libros Libres

Ás veces, o recuncho de libros libres pónsenos a tope de  bilingüe. Como por exemplo a semana pasada, na que arribaron a el dous títulos  moi ben considerados dentro da   literatura xuvenil: Harry Potter and The prisoner of Azkaban, de J. K. Rowling, (in English, of course), e O cero escuro, de An Alfaya (en galego, por suposto). Unhas palabriñas de cada un deles para que vos fagades unha idea do seu contido:   

Harry Potter and the Prisoner of Azkaban begins with Harry back at the Dursleys, where he sees on Muggle television that a prisoner named 'Black' has escaped. Harry involuntary inflates Aunt Marge when she comes to visit. This leads to his running away and getting picked up by the Knight Bus. He travels to Diagon Alley, where he meets Cornelius Fudge, the Minister of Magic, who asks Harry to stay in Diagon Alley for the remaining two weeks before the start of the school year at Hogwarts.
 Vía: Wikipedia




Nadia, unha rapaza de dezaseis anos, tímida e con problemas familiares, síntese coma un “cero escuro”. Pero as vivencias dun intenso fin de semana fan que experimente unha incrible metamorfose. 
 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...