17/12/09

Gilgamesh


Hoxe toca literatura antiga, adicada aos alumnos de Literatura Universal.
O primeiro que temos conservado é o texto do Gilgamesh (rei de Uruk, "el que vio lo más hondo", epíteto caracterizador, xa sabedes), algúns de vós coñecedes a historia e sabedes da versión modernizada que temos na biblioteca.
A epopeya procede de Mesopotamia, da antiga cidade de Súmer (Uruk, na época do rei Gilgamesh, hoxe en Iraq), e está escrita en tabliñas de arxila, segundo a escritura cuneiforme que data do III milenio antes da nosa era (xa ten 5000 anos), chegaron a nós algunhas versións diferentes, a meirande parte está conservada no Museu Británico de Londres, aquí tedes unha mostra.
Quen foi Gilgamesh? Un ser "metahistórico" (houbo un rei con ese nome, máis a figura literaria é máis ben mítica que histórica) que estaba dotado de forzas máxicas e que buscaba o sentido da vida, para iso chegou a enfrentarse a un ogro, e mesmo a achegarse á inmortalidade... Polo camiño deixou ao seu mellor amigo, Enkidu, e moitas aventuras (mesmo escapou do diluvio universal...)
É a historia dunha grande amistade, dos deuses e dos homes, da interpretación dos soños, da procura da inmortalidade... Os grandes temas da Literatura Universal.

3/12/09

Club de lectura


Mañá venres, no primeiro recreo, faremos unha reunión para formar o Club de Lectura Bibliomariacasares.
Si estás en Bacharelato, anímate a participar. Faremos unha reunión mensual para comentar un libro que leremos todos xuntos.
Non é necesario falar en todas as reunións, non é necesario ter o libro rematado, non hai exame, non puntúa... É só unha maneira de xuntarnos e falar do libro que estamos lendo.
O primeiro é La carretera, de Cormac McCarthy.
Veña, imos ler esta novela antes de que nos estreen a película...
Quedamos na Biblioteca para falar das datas e do lugar de reunión.
Por que esta imaxe? Porque hai que pensar nos demáis.

25/11/09

25 de novembro: Xornada contra a violencia de xénero



Hoxe é o día en que debemos facer unha reflexión sobre a violencia de xénero. Aínda que moitas veces as celebracións oficiais non serven para nada, é a nosa obriga adicar un momento do día a pensar nas persoas que sofren a violencia dos seus. Dende as bibliotecas escolares nos chegan novas, creacións audiovisuais e xestos cos que nos solidarizamos todos.


Agradecemos ao blog mesturas do IES Sánchez Cantón o maravilloso traballo. Podedes velo en http://www.mesturas.blogspot.com/


22/9/09

Salman Rushdie


Anda estes días por Coruña o escritor inglés, nacido en Bombay (hoxe Mumbai), Salman Rushdie (es.wikipedia.org/wiki/Salman_Rushdie). Ven para participar no Congreso de Semiótica que se celebra esta semana. Hoxe falou de libros electrónicos, aos que é afeccionado, da morte da novela (algo do que se ven falando dende hai décadas) e doutros temas máis específicos.
Nos anos noventa a fama de Rushdie chegou a todas partes xa que foi obxecto dunha "fatwa" (un edicto relixioso) que o condeaba a morte. Por que? Por escribir The Satanic Verses (Os versos satánicos), novela que os integristas islámicos de Irán consideraban blasfema, xa que non respectaba a figura do profeta Mahoma.
Rushdie escribiu tamén unha novela fantástica (estilo H.Potter) titulada Harún y el mar de las historias (editada por Seix Barral) e este ano podemos atopar xa traducida ao castelán a última, unha novela histórica sobre o Renacimento: La encantadora de Florencia.

17/9/09

De volta


Xa estamos de volta...
De volta ao Instituto, de volta ao ceo gris, de volta á choiva... Mais tamén de volta para ver aos compañeiros, aos profesores (si, nós tamén estamos de volta), para comezar con ganas este novo curso que xa ven teñido de outono e de alarma (pola gripe que acecha)
Dende a Biblioteca queremos darvos a benvida e animarvos a empezar con moita forza.
Con forza xa empezaron os alumnos de 4º de ESO que están en Hamburgo dende o día 15 para participaren no intercambio, xa nos contarán...
Deixamos como primeira recomendación este video de Muse
(en www.myspace.com/muse) , que tamén están de volta co seu traballo "The Resistance" (podedes atopar a letra (moi ilustrativa) en: www.lyricsmode.com/lyrics/m/muse/resistance.html
Bó curso e boas lecturas!

28/6/09

Vémonos en setembro



Teño na cabeza desde hai uns días o estribillo dunha canción moi moi antiga. Dicía así: "cuando llegue septiembre todo será maravilloso". Non me lembro das razóns polas que a cantante tiña postas tantas esperanzas nese mes, supoño que contaba con volver a ver ao seu mozo, ou cousa polo estilo. De calquera xeito, as integrantes do grupo da biblioteca queremos facer daquel estribillo repipi unha consigna, e esperamos que no mes en que empezan as clases e o outono podamos ofrecervos un servicio de biblioteca mellor, máis eficaz, "marabilloso". Poñeremos niso todo o noso empeño. Mentres tanto, darémoslle descanso aos teclados e pecharemos este blogue.
Moitas gracias a tod@s e felices vacacións !
Vémonos en setembro!

21/6/09

Neuman, uns dos amos da literatura do século XXI





Outro premiado máis, esta vez co Alfaguara de Novela 2009. Titúlase El viajero del siglo e está escrito polo arxentino Andrés Neuman, a quen La Voz de Galicia entrevistaba o sábado pasado. De momento a edición dixital do xornal non recolle a entrevista, así que me permito copiar un pequeno fragmento das declaracións deste escritor, de quen Roberto Bolaño dixo que estaba "tocado por la gracia" e que "la literatura del siglo XXI pertenecerá a Neuman y a unos pocos de sus hermanos de sangre". Case nada. Di Neuman en "La Voz de Galicia", a propósito da súa nova obra:
Yo me propuse que mi novela tuviera el ritmo moroso y el psicologismo de las obras clásicas, pero que la prosa estuviera muy influenciada por las vanguardias, el surrealismo e incluso el pop, que las imágines fueran cinematográficas, que el montaje visual fuese ágil
E tamén:
A mí me gusta que los géneros se contaminen entre sí. Este libro también es un experimento sobre cuántos géneros pueden caber en una novela, que es la gran aspiradora de la literatura que termina asimilando tarde o temprano cualquier forma. Era la ocasión para poner en juego todos los géneros a la vez, porque tiene de novela clásica, pero también poesía, ensayo y cuento, pue slos capítulos son en genral breves y muchos están rematados conesa ténica.


Pero imos deixar que o propio autor tome a palabra (a falada, a escrita xa nos deixou dito Bolaño que era súa) e de paso preséntovos esta páxina, conoceralautor.com, que tal como apunta o seu nome, permítenos escoitar aos propios autores en vídeos cortiños, según manda Internet. Os vídeos non se poden insertar, pero se clicades na imaxe verédelo.

Consulta a cibermesa das novidades

Esta é só unha pequena mostra dos últimos libros
que se incorporaron á nosa biblioteca.

Se ningún che prace, na mesa de madeira hai máis.

20/6/09

Por fin "Hexed" se trilingüiza



Leo en culturagalega.org que a serie Hexed da debuxante galega Emma Ríos, publicada en inglés en Estados Unidos, aparecerá en galego e en castelán este mesmo ano. Será polas datas en que se celebre o festival Viñetas desde o Atlántico cando a editorial El Patito lanzará as dúas novas versións desta obra que tantas alegrías lle deu á súa autora (isto dedúzoo da lectura do seu blogue) e aos seus lectoras e lectores (isto seino por experiencia propia). De momento terémonos que conformar coa edición en inglés, publicada integramente en MySpace, a onde vas se clicas.

18/6/09

A familia crece

Crece a familia blogueira do María Casares. @s últim@s en se incorporar á rede son @s alumn@s de cuarto que caeron na conta de que sabían facer cómics, editar vídeos e enredar con youtube, entre outras habilidades. Non lles quedaba máis que abrir un blogue para expoñer o seu labor. E ahí está: chámase ticomovas e é ben bonito. A continuación, unha mostra dos cómics do ticomovas.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...