Vexo no excelente blogue do
IES As Mariñas, de Betanzos, esta presentación que recolle imaxes de bibliotecas monumentais do mundo. Din os nosos compañeiros betanceiros que aínda que a súa biblioteca lles gusta teñen que recoñecer que as hai mellores. Recoñecémolo nós tamén sen problemas, aínda concedendo que a súa é efectivamente ben bonita (podédela ver, se visitades a súa páxina, na presentación que figura á esquerda). Eu xa tomei nota duns cantos detalles que me gustaría incorporar á nosa. Volvendo á presentación das súper-bibliotecas, deixádeme que destaque tres: a de
Zutphen, na diapositiva 23; a de
Glasgow, na 40; e a do
British Museum, na 50. Aconséllovos que vexades a presentación con calma, son 65 diapositivas, e a tamaño completo. Para isto último, premede abaixo, no icono da pantalliña. Logo contádenos que bibliotecas vos gustaron máis, se vos prace.
No hay comentarios:
Publicar un comentario