
¿E como pode alguén sobrevivir a unhas circunstancias tan terribles? Vladek é unha persoa extraordinaria: intelixente e forte tanto física como psiquicamente, enérxico e cheo de recursos. Vémolo sobrevivir, e incluso prosperar, nas circunstancias máis extremas. Constrúe zulos a proba de nazis que o manteñen oculto a el e ós seus, comercia de forma clandestina coas poucas bens que lle quedan e ata en Auschwitz se apaña para aprender o que faga falta con tal de mellorar algo. Pero non son a intelixencia e forza de Vladek as que explican o feito de que sobrevivise ao exterminio nazi. Segundo nos conta o seu fillo, non sobreviviron os mellores senón os que tiveron máis sorte.
Sobreviviron logo os máis afortunados pero non seu cicatrices, claro. “Todo pasa y todo queda”, dicía Machado. E que razón tiña. Moitos dos que conseguiron saír dos campos de concentración acabaron suicidándose anos despois. Vénme á memoria agora mesmo o nome de Primo Levi, outro supervivente de Aus, que escribiu un tristísimo testemuño da súa experiencia no libro Si esto es un hombre. Primo Levi non superou o trauma das penalidades que pasou no campo de concentración, sobre todo da humillación extrema á que o someteron os nazis, e matouse moitos anos despois. Outro tanto fixo Anja, a muller de Vladek, incapaz de soportar a rutina do día a día cando xa o horror quedaba lonxe. Outro novo e terrible golpe para Vladek, que segue adiante, se casa de novo, e chega a se converter nun vello roñón e bastante intratable. Así no lo debuxa o seu fillo, que mantén con el unha relación problemática, tema secundario tamén deste relato.
Remato esta reseña, algo máis extensa do normal, incluso máis extensa do que se soe aconsellar para un post (vese que estamos de vacacións e hai tempo para estas cousas) recordándovos o enorme éxito de Maus: un dos mellores cómics da historia, din os entendidos nesta arte. Así o consideraron os que no ano 1992 lle outorgaron o Premio Pulitzer. Invítovos a que xulguedes por vós mesmos. Buscade Maus na biblioteca, na sección dos cómics, lédeo e contádenos, se vos prace, a vosa impresión.
A imaxe da portada dun dos números de Maus está sacada da páxina Guía del cómic, onde podedes consultar máis información sobre este cómic. A continuación, a reproducción da páxina 2 sacada da páxina da editorial Ramdon House:
No hay comentarios:
Publicar un comentario