2/4/09

Día do libro infantil e xuvenil


Hoxe, 2 de abril, hai moitos anos que naceu Hans Christian Andersen, o escritor danés famoso polos contos infantís que publicou: A sereíña, O parruliño feo, O soldadiño de chumbo, ... Seguramente tedes lido moitos dos seus contos cando erades pequenos e tamén os leredes aos vosos fillos (cando os teñades, dentro de moito tempo). O que non sabedes é que Andersen viña dunha familia pobre e, como decimos hoxe, desestructurada... Aínda así soubo, despois de ter que deixar a escola cando morreu o seu pai, ler e instruirse pola súa conta e chegar a ter unha vastísima cultura.

Andersen foi tamén un gran viaxeiro, non un turista, que escribiu as súas relacións de viaxes ao longo da súa vida; mesmo estivo en España e admiraba moito as cidades antigas coma Toledo e Granada. Non parou de traballar polos libros e pola cultura e chegou a ser cantante de ópera e a escribir libretos para outros.

Podedes atopar a súa biografía completa na wikipedia http://www.es.wikipedia.org/hans_christian_andersen

E para celebralo, achegádevos aos vosos contos infantís, eses que tedes gardados quen sabe onde, e escollede un deles para ler esta noite, antes de durmir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...