26/1/11

Roquetas de Mar anímavos a escribir

John Banville
De Roquetas de Mar, provincia de Almería, chéganos por correo electrónico unha invitación para participar no seu  XXX Certamen Literario . Así que, se vos gusta escribir case tanto como ler,  tendes entre catorce e vinte anos e estades matriculados en calquera instituto de ensino secundario, animádevos e mandádelles os froitos da vosa imaxinación  á dirección que atoparedes no link anterior. Podedes escoller entre os dous formatos que admite o concurso, poesía ou relato curto, ou incluso participar nas dúas modalidades, se as vosas musas particulares son xenerosas e polifacéticas. Que vos parece que non sodes bos abondo, que non sabedes escribir como é debido, ou polo menos non tanto como para gañar un concurso? Parádevos a pensar que podedes estar enganados. Case, case igual de enganados que o escritor irlandés  Joh Banville, quen hai pouco afirmaba en El País Semanal que el non sabía escribir. Escuso dicirvos que moitos críticos considérano o mellor escritor vivo en lingua inglesa (e iso que hai moitos e moi bos escritores vivos nesa lingua).
Queda dito. Nun próximo post, falareivos do concurso de Coca-Cola, que a escribir e concursar, todo é empezar.
Procedencia da imaxe

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...