30/1/11

Nelson Mandela, campeón da paz

O día 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar pola Paz e a non Violencia. Este ano cae en domingo e non nos vemos, pero o luns aínda chegamos a tempo de poñer en marcha algunha actividade que nos lembre con especial énfase algo que non debemos esquencer en ningún día do ano: a necesidade de convivir armoniosamente con todos, especialmente cos que nos caen mal, con aqueles que non son amigos nosos ou non parecen querernos ben ( cos outros é moi fácil, case non ten mérito). E non atopo mellor exemplo dunha persoa que fixo desa vontade de perdón unha actitude vital que o do líder africano Nelson Mandela,  unha das persoas vivas máis admiradas do mundo. E non é para menos. Nelson Mandela pasou 27 anos da súa vida, fixádevos ben, 27 anos, de 1962 a 1990, encerrado nun cárecere en condicións penosas, unha vez que o condenaran a cadena perpetua por  pertencer ao Congreso Nacional Africano. Cando saíu, en 1990, e logo catro anos máis tarde, ao se converter en presidente de Suráfrica, Mandela non buscou vengarse dos seus verdugos nin dos responsables directos da terrible política do apartheid que marxinara dun xeito cruel á poboación negra de Suráfrica,  senon que mantivo o obxectivo de convertir o seu país nunha democracia interracial. Esa fortaleza de carácter, ese temple, esa disposición ao perdón que mativo Mandela en todo momento non deben de ser nada fáciles de conseguir e menos de contaxiar ao resto da poboación: o apartheid fixera moito dano e as comunidades estaban moi enfrontadas. 
Segundo o mesmo Mandela confesou, a soportar as tremendas penalidades do cárcere axudáronlle uns versos do escritor inglés William Ernest Henley. Cópiovolos a continuación e logo comentaremos que aspectos do seu contido poden ser máis "aleccionadores". E a cohesionar as distintas etnias que cohabitaban en Suráfrica axudoulle o constante diálogo cos seus opositores políticos e,  mirade por onde, o deporte, concretamente o rugbi, moi popular por aquelas terras. Aínda que hai que dicir que a selección surafricana de rugby era daquela bastante penosa. Todo isto e máis cóntanolo o  xornalista John Carlin nun libro titulado El factor humano: Nelson Mandela y el partido que salvó a una nación. Nas bibliotecas municipais de Oleiros (consultade o link permanente neste blogue) hai seis exemplares á vosa disposición (acabo de comprobalo). Pero se queredes unha aproximación máis rápida e emocionante aos feitos que se contan no libro, aconséllovos que vexades Invictus, a película de Clint Eastwood, con Morgan Freeman no papel de Mandela e Matt Damon no de Francois Pienaa, capitán do equipo de rugby surafricano. A película toma o título do poema "de cabeceira" de Nelson Mandela. Lamentablemente non temos o dvd desta película na biblioteca, pero podemos ver algúns clips en youtube. E dicirlle a Violeta que nola merque, claro. Por último, perdonade que a fotografía que adxunto vos estropee o desenlace, pero non me poiden resistir. A que é bonita?




Nelson Mandela entrega a Copa do Mundo de rugby a Francois Pienaa
Procedencia da imaxe: The Telegraph.co.uk

INVICTUS

  (fonte: Ojos de papel)

Out of the night that covers me,

Black as the Pit from pole to pole,
I thank whatever gods may be
For my unconquerable soul. -
In the fell clutch of circumstance
I have not winced nor cried aloud.
Under the bludgeonings of chance
My head is bloody, but unbowed. -
Beyond this place of wrath and tears
Looms but the horror of the shade,
And yet the menace of the years
Finds, and shall find me, unafraid.
It matters not how strait the gate,
How charged with punishments the scroll,
I am the master of my fate;
I am the captain of my soul.

INVICTUS

Más allá de la noche que me cubre
negra como el abismo insondable,
doy gracias a los dioses que pudieran existir
por mi alma invicta.
En las azarosas garras de las circunstancias
nunca me he lamentado ni he pestañeado.
Sometido a los golpes del destino
mi cabeza está ensangrentada, pero erguida.
Más allá de este lugar de cólera y lágrimas
donde yace el Horror de la Sombra,
la amenaza de los años
me encuentra, y me encontrará, sin miedo.
No importa cuán estrecho sea el portal,
cuán cargada de castigos la sentencia,
soy el amo de mi destino:
soy el capitán de mi alma.











1 comentario:

  1. Violeta1/30/2011

    ¡Marchando! Película e novela chegan en breve. Estade atentos.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...