1/2/11

As bibliotecas públicas británicas, en perigo de extinción

A biblioteca pública da localidade Stony Stradford, foto da páxina Save Stony Stradford Library

Entérome polo blogue  Lecturalia de que as autoridades "competentes" británicas teñen rematado plans para pechar unhas catrocentas cincuenta bibliotecas públicas. Alegan que cada vez a xente as usa menos, por culpa da crecente popularización de Internet e dos libros electrónicos. Como era de esperar, púxose en marcha un amplo movemento de oposición a esta medida, apoiado por prestixiosos escritores británicos. Un exemplo disto témolo na "movida" que se montou na pequena localidade de Stony Stratford onde centos de veciños acudiron á biblioteca pública seguindo un chamamento difundido a través de facebook para que retiraran o máximo número de libros permitido. Di Lecturalia que entre o 12 e o 15 de xaneiro a biblioteca prestou todos os seus fondos: 16000 volumes, a razón de catrocentos por hora. Todo un éxito que espero que disuada ás autoridades antes cualificadas topicamente de competentes de pechar a biblioteca.
Lendo esta información, púxoseme a mosca detrás da orella: e se un día nos chega aquí a moda esa de pechar bibliotecas? De momento non parece que haxa perigo, pero, por se acaso, e por aquilo  que di o refrán castelán de que "más vale prevenir que curar" e máis aquel outro que afirma que "cuando las barbas de tu vecino veas pelar, etc, etc, etc", anímovos a que fagades uso das bibliotecas que tendes á vosa disposición, tanto a do instituto como as do  concello de Oleiros, ou as  de A Coruña, (precisamente este venres volve a abrirse a do Fórum, logo da súa remodelación). De ningunha maneira, permitamos que esmorezan os nosos "paraísos laicos" por falta de uso.

E para rematar, destaco o conmovedor testemuño de Colin Dexter sobre a importancia  que a biblioteca do seu barrio tivo no desenvolvemento da súa formación literaria e o decisivo papel que desenvolveron as bibliotecas públicas en xeral no século XX (o destacado é meu) :

Cuando era niño había tres libros en nuestra casa: El Médico Casero, de 1886, una novela victoriana estilo “Mills & Boon” titulada La primera oración de Jessica, y Cantos y Partituras sagradas de los evangelistas estadounidenses Moody y Sankey. De muchacho, inscribirse en la biblioteca constituía un rito de pasaje, y fue a los 14 años, que es la edad a la que me inscribí en la Biblioteca Stamford de Lincolnshire, cuando empecé a leer todas las 17 novelas de Hardy salvo una. La última la estoy reservando para la vejez. El servicio gratuito de bibliotecas públicas fue una de las mayores conquistas del siglo XX. La literatura abre puertas, y hete aquí a nosotros cerrándolas. Es muy triste, y exige un cambio radical de orientación por parte del gobierno, no sólo por los niños y ancianos que las usan, sino porque tenemos una tradición cultural que proteger. El gobierno habla de poder popular. Pues bien: el pueblo no quiere que se cierren las bibliotecas.
Mapa e calendario das protestas publicado en The Guardian
Blog dos bibliotecarios onde se publica a relación das bibliotecas amenazadas: Public Libraries News

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...