Primeiro Premio de Primaria Ana María Aira Seijo ( Carrilana), alumna do CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro, Lugo |
A biblioteca do IES Castro da Uz de As Pontes anímavos a participar no seu V Concurso de Caligramas. Cópiovos a continuación un fragmento das bases do concurso, que podedes ver completas premendo no link. Unha observación: non tendes por que enviar pola vosa conta os caligramas. Entregádellelos a Eva, Violeta ou María Xesús e xa nos ocuparemos nós mesmas de os enviar todos xuntos ao concurso. Vós só tendes que afinar a imaxinación e reunir todas as habilidades poéticas e pictóricas que poidades, porque xa vedes pola imaxe que ilustra este post que o listón está alto. Aproveitamos para felicitar a Estefanía García Méndez, de Ortigueira, e a Ana María Mira Seijo, de Pedrafita do Cebreiro, gañadoras da cuarta edición do concurso, polo seu excelente traballo.
1.- Consideramos “caligrama” un texto, xeralmente poético, no que se emprega a disposición das letras ou palabras, a tipografía ou a caligrafía para tentar representar o contido do poema ou tema.2.- Poderá participar calquera estudante, de primaria, secundaria, bacharelato ou ciclos formativos.3.- Cada concursante participará con un caligrama, orixinal e inédito. As obras non irán asinadas e o tema será: “O FINAL máis impactante das miñas lecturas.4.- Os caligramas presentaranse en CARTOLINA tamaño DINA4 e poderán ser manuscritos ou a ordenador.5.- O prazo de admisión de orixinais remata o 8 de abril de 2011. As obras presentaranse no IES Castro da uz –en horario lectivo- ou enviaranse ao enderezo: IES Castro da uz, R/ José María Penabad López s/n. (cp 15320), As Pontes, A Coruña, indicando no sobre “5º Concurso de Caligramas”. ( De ser varios alumnos e alumnas os/as que participen dun mesmo centro, os caligramas poderán enviarse nun único sobre que conteña as obras e os datos identificativos de todos/-as os/ as participantes).6.- O caligrama non irá asinado; identificarase cun pseudónimo na parte traseira deste. Meterase nun sobre xunto a un folio que conteña a seguinte información: pseudónimo e nome e apelidos do autor ou autora do caligrama, enderezo persoal ou do centro de ensino, teléfono de contacto, correo electrónico e D.N.I. -se tivese-, así como o centro no que estuda e o curso. Tamén se incluirá o texto que se utilizou para deseñar o caligrama.. De non conter esta identificación os caligramas quedarán excluídos do concurso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario