Procedencia da imaxe
Nos anos cincuenta fixeron furor os discos dedicados. Funcionaban tal que así: chamabas á emisora de radio, seleccionabas unha canción de entre as que che propoñían, indicabas a quen querías dedicarlla, pagabas unhas cinco pesetas e listo: no programa correspondente aparecía a túa dedicatoria xunto con outra pila delas precedendo á emisión da canción seleccionada. Vén a conto o asunto este dos discos dedicados a que levo uns días pensando en lle dedicar un libro, ou máis ben o post do libro, a dúas rapazas de 1º de ESO, Danna e Sara, que hai uns días se interesaron por esta obra da que vos vou falar. Titúlase o tal libro O diario secreto de Adrián Mole, da escritora inglesa Sue Towsend. O seu protagonista é un rapaz de algo máis de 13 anos, un pequeno filósofo resignado, un estoico, que leva un diario no que anota os pormenores da evolución dos seus granos, dos que ten en abundancia, o nacemento do seu amor por Pandora e as relacións cos seus desastrosos pais, entre outros temas. Planeta Lector ofrécenos a seguinte sinopsis do libro, que copio porque lin este libro hai moito tempo e lémbrome de que me pareceu moi divertido pero esquencéronseme os detalles:
Adrian Mole tiene trece años y medio. También tiene un padre de cuarenta años que no sabe dónde está la parada del autobús, una madre indecisa entre su marido y un vecino, una abuela a la antigua usanza, un compañero que le extorsiona, un perro, una amiga que no parece derretirse por su amor y varias revistas de chicas bajo el colchón. Con un corrosivo sentido del humor, Sue Townsend transcribe las cáusticas impresiones de un adolescente en su diario secreto.Igualiño que pasaba cos discos dedicados, que llos dedicaban, perdonádeme a redundancia, a unha persoa pero podíaos escoitar todo o mundo, así este libro que lles recomendo a Danna e Sara pódeo ler calquera. Non ten máis que acercarse pola biblioteca e coller un dos dous exemplares dos que dispoñemos, un en galego e outro en castelán e podedes atopalo tamén en todas as bibliotecas do concello (comprobeino).
Páxina web do libro (en inglés)
No hay comentarios:
Publicar un comentario