3/2/11

Matmonólogos: cóntanos a túa experiencia coas matemáticas

Sexades de ciencias ou de letras de toda a vida, agora tendes unha oportunidade de contarlle ao mundo cal foi a vosa experiencia coas matemáticas, ou calquera outro asunto que teña que ver con esta disciplina. E isto é así porque o Instituto de Monelos e o seu boletín de divulgación matemática Tetractis invítanvos a particiapar no  cuarto certame de Matmonólogos. Cópiovos de Tetractis un extracto das bases do concurso. Se queredes velas completas, visitade a páxina, que é moi interesante, non só pola información do concurso, senon tamén por outros contidos alleos a el (as suxerencias de lecturas relacionadas coas matemáticas, por exemplo). Déixovos logo co extracto das bases non sen antes felicitar a Paloma Tarrío Alves, alumna do instituto de Monelos e autora do cartel do concurso: quedoulle moi logrado.


Os participantes presentarán un guión cunha extensión máxima de mil palabras en lingua galega ou castelá. O tema deberá estar relacionado coas matemáticas. Deberán presentarse en formato DINA4, por unha cara, a dobre espazo, con corpo de letra de 12 puntos e encabezados polo título.

Estabelécense catro categorías nas que o xurado designará un/unha gañador/a por categoría:
Alumnado de primaria e primeiro ciclo de secundaria.
Alumnado de segundo ciclo de secundaria e bacharelato.
Persoas, en xeral, cun mínimo de 18 anos e sen límite de idade.
Alumnado do IES Monelos.

O prazo de entrega dos relatos comeza o 1 de febreiro e remata o 28 de abril de 2011, ambos inclusive. Presentaranse no rexistro de entrada do IES Monelos ou enviarase mediante correo ao seguinte enderezo:


IV Certame de Matmonólogos


Departamento de Matemáticas
IES Monelos
Rúa Montes, 62
15009 A Coruña





Vía: Bibliotecas escolares de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...