12/2/11
San Valentín 2011
Ficha do libro: Lumen
Dicía Cunqueiro que dicía Goethe (nada menos!) que toda poesía é poesía de ocasión. E que mellor ocasión que estas amorosas datas de mediados de febreiro para ler poesía. Ou para compoñela, se somos capaces de despertar ao bardo que seguramente levamos dentro. Pero isto último déixoo para un próximo post, o tal bardo, se é que existe (no meu caso dubídoo moito) pode seguir durmindo de momento. Agora imos co asunto da lectura de poemas. A revista Papel en Blanco recomendounos hai uns días nun correo electrónico unha antoloxía da poesía amorosa de Pedro Salinas (fixádevos na ligazón e na imaxe máis arriba). Tampouco en Papel en Blanco son partidarios da comercialización destas datas, pero, dito isto, que parece de rigor, consideran os redactores da revista que a antoloxía de Pedro Salinas, un dos mellores poetas en lingua castelá do século XX, vén sendo un regalo moi axeitado, un regalo que calquera afeccionado á lectura disfrutaría. Estamos completamente de acordo, aínda que aquí de mercar non falamos; de prestar, si. Non a antoloxía de Salinas, que esa non a temos na biblioteca, pero si outros poemarios de temática amorosa e de indudable calidade literaria. Aí van algúns títulos:
Veinte poemas de amor y una canción desesperada, de Pablo Neruda
Rimas, de Gustavo Adolfo Bécquer
Poemas, de Angel González (unha cibermeiga quítalle unha e outra vez o til a Angel)
La voz a ti debida, Pedro Salinas
E para rematar, e aproveitando que o Pisuerga pasa por Valladolid, máis suxestións, todas de balde, recollidas nun dos meus blogues favoritos, The Presurfer:
14 Simple Ways To Express Your Love On Saint Valentine's Day
Procedencia da imaxe
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario