"Vendedor de poemas", "vate callejero", deste xeito se refería
La Voz de Galicia, nun artigo publicado a finais do pasado mes de marzo, a
Abel García, antigo alumno do noso instituto e apaixonado poeta. Soubemos xa hai tempo (porque nolo dixo
Cristina García, a súa irmá) que andaba Abel ocupado na composición dun libro de poemas xunto con outros setes mozos e mozas, devotos todos eles da musa
Calíope. Pois ben, acaba de saír á luz o produto da inspiración colectiva deste animoso grupo de xente nova que
La Voz de Galicia etiquetaba como "
la generación del Café Hispano". Trátase dun libro de poemas titulado
Dis-continuo, que, de momento, só se vende na librería Arenas. Se tes 15€ e che gusta a poesía, podes acercarte por alí e mercalo. E, se andas máis escas@ de euros que de gañas de ler, agarda a que traiamos o libro á biblioteca, que será pronto.
Nesta noticia La Voz de Galicia xa apuntaba a pasión de Abel pola poesía:
El vendedor de poemas de la calle Real.
E nesta outra infórmasenos da aparición do libro de poemas e dos seus autores e autoras:
La generación del Café Hispano.
Hola bueas, agradezco enormemente la atencion que habeis puesto en la publicacion de este libro colectivo y espero que tal y como decis pronto tenmgais un ejemplar en vuestra biblioteca, ejemplar que pronto os hare llegar para que todo aquel que asi lo quiea pueda disfrutarlo. Un saludo! Saul Pushkin.
ResponderEliminar