13/12/11

Haberá primavera



Permitídeme que me poña hoxe en plan "centro comercial" e vos faga unha suxestión para ver onde e como gastar uns cantos euros nun regalo que vos faga quedar ben se o receptor é amigo da poesía e da música. Confeso que nada máis ler a información que vos pasarei a continuación veume á cabeza precisamente a idea de que ía ser un bo regalo para algúns dos meus familiares. Refírome ao libro disco titulado Haberá Primavera. Catorce poemas, catorce cancións no que o músico César Morán canta catorce poemas de Álvaro Cunqueiro e un tema propio. O disco vén acompañado por un libriño de 56 páxinas. O conxunto costa 29 euros.
Se queredes saber máis sobre esta obra, remítovos á páxina de culturagalega.org onde atopei a información e, claro, ao vídeo que inserto neste post, que vos permitirá escoitar un dos temas do disco cantado en directo por César Morán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...