30/12/11

Lecturas para un novo ano

Procedencia da imaxe

Desculpade que este ano nos despedísemos no Nadal sen repartirvos o folletiño coas recomendación de lecturas, libros, tebeos, discos..., que veu sendo habitual nos últimos anos. Afortunadamente noutros institutos andaron máis agudos e espelidos ca nós e si conseguiron  elaborar a tempo os seu catálogos de lecturas "para tempos fríos" que dicía o blogue das bibliotecas escolares de Galicia. E  como a das bibliotecas escolares soe ser xente boa e xenerosa, moitos deses catálogos están publicadas en Internet, a disposición de todos nós, listos para ser consultados, eloxiados, criticados, seguidos, ignorados, ou o que gustemos.  En todo caso, cómpre agradecerlles ás persoas que os elaboraron o seu traballo e a xenerosidad de compartilo, cousa que facemos agora mesmo desde este blogue. E para rematar, lembrade que as siglas CEIP corresponden a "centros de ensino infantil e primario" e que IES vén sendo "instituto de ensino secundario". Digo isto por se vos apetece ir directamente aos links que poden conter recomendacións máis axeitadas para a vosa idade, aínda que a min gústame fisgar en todas as propostas.
Aquí tendes o link: Recomendacións de lectura para tempos fríos: Nadal 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...