31/1/12

Buscan talento e aquí haino



Fágovos saber que o  xornal El País busca talento. Disque lle serve calquera manifestación "talentosa", ben sexa un poema, unha fotografía, ou o que se vos ocorra, o que saibades facer, con tal de que teña xeito e inspiración. Se os convencedes de que a vosa obra vale, publicarana na sección Cultura da edición dixital do xornal. E, quen sabe, a partir de aí, aplausos e gloria a eito. Como mostra de exemplar traxectoria ascendente poñen a figura de Spok, o grafiteiro que pasou de embadurnar as paredes dos veciños a expoñer en galerías de arte internacionais do máis chic (claro que previo paso pola facultade de Belas Artes, atrévome a apuntar). Se estades interesad@s, clic nos  links.
Postdata: se en El País non saben apreciar as vosas cualidades de artistas, sempre vos quedará este noso máis que humilde blog, que, de acordo, ten uns cantos centos de miles de  seguidores menos que  a web do xornal madrileño, pero non deixa de ser un escaparatiño dixital á vosa disposición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...